Luns. 01.06.2020
El tiempo

É o Parador o mellor revulsivo para o sector hostaleiro costeiro nestes momentos?

O Parador de Lourido volve abrir a vindeira semana
O Parador de Lourido volve abrir a vindeira semana
É o Parador o mellor revulsivo para o sector hostaleiro costeiro nestes momentos?

Eran outros tempos cando se formulou a construción do Parador da Costa da Morte. Van 17 anos de promesas e 5 de retrasos, 8 anos de obras, e 25 millóns de euros de investimento (de cartos públicos) para unha infraestrutura chamada a ser o gran revulsivo do sector hostaleiro da Costa da Morte.

Eran outros tempos. Tempos de crecemento económico, de aumento continuo de chegada de visitantes, tempos nos que había turistas de diferentes perfís, que ben podían encher dende os albergues de peregrinos, ata os pequenos hoteis pasando polo turismo rural.

A día de hoxe a situación é ben diversa, e así o reflexiona o propio sector. Un sector que conseguíu entender que en clave de futuro o Parador si que “marcará destino”, e servirá de referente. “Pero a día de hoxe hai que vivir día a día”.

Ante a caída radical de visitantes, e o peche dos establecimentos durante dous meses, a perda da campaña de Semana Santa e de, polo menos, medio verán, prevese unha recuperación lenta, moi lenta, ata volver aos números do ano pasado. De aí que os [email protected], amosen a súa preocupación. O propio Jesús Picallo recoñecía que esta crise vai facer unha limpeza, pero chega ao taboleiro un novo competidor desleal, doutra liga.

Nunha comarca na que nos últimos 10 anos se xerou moito traballo privado, moito proxecto hostaleiro pequeno, autónomo, dos que xenera economía local, dos que manteñen vivas as vilas, ”é importante que abra este portavións se non temos avións?", pregúntase algún hostaleiro. 

en conta que na comarca hai moito autónomo con pequenas casas rurais, que acabarán

A realidade é que xa se pode reservar habitación no Parador a 105-110€ para a vindeira semana, cando o Turismo Rural aínda tarda en recuperarse e reaxustarse. E precisamente esas casas de turismo rural que hai meses acollían con felicidade a apertura dunha infraestrutura referente como esta, agora convírtese en competidor directo do trasatlántico. “A conta de que marca destino? a conta de matar ao pequeno hostaleiro?”, reflexionan.

Moitos mesmo cren que non sería unha idea descabellada reconvertir o proxecto nunha residencia para a terceira idade, unha verdadeira necesidade na comarca.

Novas de turismo

A historia do Parador

comentarios