As forzas de seguridade dan as gracias @s sanitari@s dun xeito moi especial

Eran as 20:00h, e mentres centos de veciñ@s saíamos ás nosas fiestras, el@s, que non poden escoller quedar na casa, fixeron a súa homenaxe ás persoas sanitarias que están salvando o país. Os voluntari@s de Protección Civil e os axentes das Policías Locais de Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría e Vimianzo, ademais dos profesionais das ambulancias, os Bombeiros e a Garda Civil, fixeron unha concentración de agrademento arredor do Hospital Virxe da Xunqueira.
Unha emotiva demostración de agradecemento de profesionais e voluntari@s aos profesionais da sanidade pública galega, sen pancartas, sen siglas, á que, por suposto, responderon @s sanitari@s saíndo á porta do centro a saudar e agradecer o detalle.
Despois, toda a caravana fixo a rolda de agradecimento dende o Hospital, ata o cruce de Roget, subindo pola Avda. Fernando Blanco ata o Colexio Manuela Rial e ata o Concello.
Foto aérea de Paco González
Unha situación que tamén ten unha lectura crítica, unha vez que volve demostrar que é o voluntariado e a solidariedade os que teñen que sacar o país das situacións máis graves, ante o continuo desmantelamento dos servizos públicos.
Novas sobre o coronavirus
- Fantástica resposta dos Concellos da Costa da Morte á chamada do Hospital de Cee.
- “Costa da Morte. Costa da Vida”.