Domingo. 07.06.2020
El tiempo

Marea de solidariedade coa Residencia de Maiores de Fisterra

Material doado á Residencia de Maiores de Fisterra
Material doado á Residencia de Maiores de Fisterra
Marea de solidariedade coa Residencia de Maiores de Fisterra

Espectacular a mostra de solidariedade que vén de recibir a Residencia de Maiores Fogar Residencial Nosa Señora do Carme de Fisterra. Anunciaban a activación do protocolo de illamento despois de ter un caso positivo, o que provocaba a corentena total dos usuarios, e tamén dos sanitarios.

Pediron axuda nas redes sociais e nestes días chegou axuda dende toda a Costa da Morte. Por suposto a xente de Fisterra volcouse, pero tamén moitos particulares de Cee, dende Buño, Muxía e ata Madrid ou Helva, enviaron cousas para superar esta corentena.

Fundamental foi a colaboración de Protección Civil, que estes días están demostrando a súa importancia vital nesta sociedade, para achegar o material.

Novas sobre o coronavirus

comentarios