mércores. 04.12.2024
El tiempo

A Fundación Juana de Vega abre a inscrición no XIII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias

XIIIProgramaApoio_Cartel
A Fundación Juana de Vega abre a inscrición no XIII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias

Son moitas as empresas agrogandeiras da Costa da Morte que se teñen beneficiado dos fantásticos programas da Fundación Juana de Vega. A entidade, sempre apegada á terra, continuará, un ano máis, colaborando coas persoas para “tecer o futuro da Galicia rural”, tal e como di o lema do seu Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias que en 2025 cumprirá trece edicións en activo.

O prazo para candidatarse estará aberto ata o xoves, 5 de decembro (todo o día) a través da web https://programadeapoyo.juanadevega.org na que os interesados poden atopar máis información sobre esta veterana iniciativa, o formulario de inscrición e as bases da convocatoria.

Dende 2012 xa teñen apoiado a uns 120 beneficiarios radicados por toda a comunidade. Segundo as enquisas de seguimento realizadas ata o momento, o 61% dos proxectos que finalizaron o programa foron implantados e o 93,2% dos participantes considera que o Programa lles axudou a ter unha mellor visión do seu negocio. Así mesmo, 8 de cada 10 beneficiarios recoméndano.

Dúas modalidades e un ano de acompañamento

Igual que en anteriores edicións, haberá dúas modalidades. A primeira, denominada “Emprendemento” está orientada á creación de novas empresas, sucesións ou recuperación de negocios familiares. O obxectivo é acompañar aos emprendedores no desenvolvemento das súas ideas, converténdoas en negocios innovadores e competitivos.

A segunda, “Crecemento e consolidación”, está dirixida a empresas existentes. Pretende axudar a autónomos, pemes e micropemes para mellorar o seu funcionamento a través da titorización na toma de decisións.


Por terceiro ano, a Fundación Juana de Vega fará entrega do Premio Juana de Vega ao Emprendemento Agroalimentario valorado en 30 horas de sesións de formación.
A cooperativa de caprún Ovica foi a galardoana da primeira edición e o gañador da segunda darase a coñecer nas próximas semanas durante a exposición final da actual edición, o XII Programa de Apoio a Empresas Agroalimentarias.

Máis novas

Comentarios