Fútbol, política e ensino nunha nova semana de #DirectosQPC

Comezamos nova semana de estado de alarma, e para seguir mantendo o pulso informativo continuamos coa programación continua dos #DirectosQPC. De luns a vernes ás 15:00h teremos retransmisión en directo na páxina de Facebook de Que pasa na Costa.
O luns temos cita futboleira. Despois da máis que interesante conversa co colexiado Marcos Ordóñez, toca falarmos con Pedro Gómez, adestrador do Soneira. Repasaremos a súa carreira e falaremos en clave de actualidade.
Martes e xoves seguimos tendo cita municipal coa rolda de alcaldes e alcaldesas ollando ao futuro inmediato. Despois das entrevistas a David Barbeira e Sandra Insua, iremos, martes ata Vimianzo para falarmos con Mónica Rodríguez, e xoves ata Mazaricos para facer o propio con Xoán Blanco.
O mércores continuamos sendo cómplices do proxecto educativo en tempos de crise do IES de Baio. Trala xornada de orientación universitaria con ex alumn@s traeremos experiencias de grupos e personalidades de todo o país que teñen pasado polo singular centro costeiro.
Ver as entrevistas feitas nos #DirectosQPC
- Patricia Vaquero pon en valor a análise da crise co coronavirus dende a perspectiva de xénero nos #DirectosQPC.
- A alcaldesa Sandra Insua debulla a actualidade de Camariñas nos #DirectosQPC.
- Falando de orientación universitario coa comunidade educativa de Baio.
- David Barbeira: "Imos ir máis alá de dar 1.000€ aos autónomos. Iso vale moito pero non é suficiente”.
- Baio celebra na rede a súa Festa dos 100 anos.