Galeuropa abre o prazo de inscricións
08:06 13/07/17
Xa están en marcha unha nova edición do "Galeuropa"; un programa dirixido a mozos e mozas que desexen ampliar a súa experiencia profesional en distintas empresas ubicadas en Francia, Irlanda ou Italia.
Este programa está dirixido a menores de 30 anos, independentemente dos seus estudos, co fin de que fagan prácticas non remuneradas noutros países europeos con estadías mínimas de dous meses. O programa, posto en marcha pola dirección xeral de Xuventude - corre cos gastos de formación lingüística dos participantes así como traslados, aloxamento e manutención.
O ano pasado un total de 21 mozos e mozas da bisbarra participaron neste proxecto.
Inscricións
Os interesados en participar poden informarse enviando un correo electrónico ao endezo galeuropa@efagalicia.org ou no número de teléfono 981 554 150.
Novas relacionadas
- O Galeuropa leva a 21 mozos e mozas a realizar prácticas laborais en Europa
- Aberto o prazo para anotarse no programa de mobilidade xuvenil Galeuropa
- “EuroRural” permitirá facer prácticas profesionais na Europa máis rural
- Dez mozos da Costa da Morte realizan prácticas laborais en Europa
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)