Hoxe comezan novas obras na AG-55 que cortarán novos tramos

08:04 16/03/15

Pois teremos que seguir sufrindo obras na AG-55. Ademais das incómodas obras do enlace co porto exterior arteixán, a Xunta anuncia que hoxe, luns, comezan obras de mellora en noiros de varios puntos da autoestrada A Coruña- Carballo, entre Arteixo e Carballo, polo que será necesaria a realización de peches puntuais ao tráfico, sempre no carril dereito da vía.
Uns traballos que terán duración de aproximadamente unhas 5 semanas, e que se desenvolverán en cinco puntos:
- PK 12+100 ao 12+380, sentido Carballo: colocación de barreira estática.
- PK 25+200 sentido Carballo: execución de escolleira.
- PK 36+600 sentido Carballo: execución de escolleira.
- PK 14+160 ao 13+860 sentido A Coruña: execución de bulóns puntuais.
- PK 10+400 ao 09+660 sentido A Coruña: execución de bulóns puntuais.
Novas relacionadas
- De peaxe, obras e radares na AG-55.
- Piden a recuperación do proxecto integral da Autovía Costa da Morte.
- Setembro 2014: Mobilización de vehículos pola supresión da peaxe na AG-55.
- 28-07-14: O BNG pide no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55.
- 2011: A peaxe da AG-55 queda como está.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).