Mércores. 06.11.2024
El tiempo

A Laracha, Camariñas, Cee e Muxía abren o prazo para as axudas do PEL Reactiva para autónom@s e microempresas

pel-reactiva-papel-logo-centrado-oscuro-1024x341
A Laracha, Camariñas, Cee e Muxía abren o prazo para as axudas do PEL Reactiva para autónom@s e microempresas

Continúan os Concellos abrindo o prazo para o PEL Reactiva, co que a Deputación está axudando aos autonóm@s e microempresas para paliar esta crise. Moitos xa anunciaron as partidas, e hoxe son os concellos da Laracha, Cee e Muxía os que dan conta da aportación cofinanciada polo ente provincial e cunha pequena parte municipal.

Os beneficiarios serán os afectados polo peche, os que tiveron ERTE, ou os que viron unha redución da facturación no segundo trimestre do 75%. Os solicitantes recibirán entre un máximo de 1.500 e 3.000€, para gastos vinculados ao COVID (non para o IVE trimestral).

O prazo remata o 25 de novembro, ás 14:00h e poden informarse no segundo andar da casa do concello ou a través das páxinas webs municipal. E terán que xustificarse que están realizados desde o 1 de marzo ao 31 de decembro de 2020 con facturas e comprobantes de pago.

102.000 en Camariñas

Camariñas abre o prazo para solicitar as axudas a autónomos e microempresas dotadas de 102.000€.

186.000 € en Cee

O concello de Cee destina máis de 186.000 € en axudas aos autónomos e microempresas no PEL.

74.579€ en Muxía

O prazo de solicitude en Muxía tamén vencerá ás 14:00 horas do 25 de novembro. Son case 75.000 € os destinados en Muxía, que pon á disposición da veciñanza a liña telefónica 981 74 20 01, a atención do departamento de ADL, para resolver todas as dúbidas das persoas interesadas en acollerse a esta iniciativa.

185.000 na Laracha

Por Laracha aínda quedan uns días para a publicación no BOP das bases específicas do seu programa, pero o prazo tamén será ata o 25 de novembro. Ditas bases xa están dispoñibles para a súa consulta na sección de avisos da web municipal www.alaracha.gal para que as empresas e autónomos que vaian solicitar beneficiarse do programa poidan comezar a preparar a documentación requirida. En todo caso as instancias deberán tramitarse a través da sede electrónica.

Novas relacionadas

Comentarios