Sábado. 28.03.2020
El tiempo

Os luns volven as mobilizacións dos [email protected] de Ferroatlántica

Os luns volverán as concentracións ás portas de de Ferroatlántica, como esta do ano pasado. Foto-Placido Castro
Os luns volverán as concentracións ás portas de de Ferroatlántica, como esta do ano pasado. Foto-Placido Castro
Os luns volven as mobilizacións dos [email protected] de Ferroatlántica
Os/as traballadores/as de Ferroatlántica aproban mobilizarse contra o recorte de produción e para esixir un plan de viabilidade A primeira concentración será o 17 de febreiro na fábrica de Brens e as protestas repetiranse en luns alternos

Coas fábricas ao 30% da súa capacidade de fabricación, non queda outra que seguir protestando, para intentar revertir un camiño que parece marcado dende hai meses cara a desaparición. Ademais de esixirlle á Xunta unha reunión a tres bandas canto antes, os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica decidiron durante as asembleas celebradas onte, retomar as mobilizacións.

Acordaron un novo calendario de mobilizacións, xon concentracións¡ diante das instalacións de Brens en luns alternos. A primeira protesta será o luns 17 ás 17:15 horas, a seguinte o luns 2 de marzo, e así sucesivamente.

Mobilizacións para seguir reclamando o arranque inmediato do forno 13, retomar a produción normal no resto dos fornos e instar a Xunta a que convoque unha reunión a tres bandas (empresa, comité e administración) na que demandar o plan de viabilidade e que se clarifiquen os termos do contrato de venda.

Documentos

Ademais, o comité tamén remitiu hoxe un escrito (xa enviado varias veces) a Augas de Galicia para que informe de todos os procesos administrativos que puidera ter aberto a raíz da operación de venda que Ferroatlántica acordou con TPG-Ithaka.

Os traballadores tamén lle piden a Augas a copia da solicitude do requerimento da administración á empresa do Plan de Viabilidade, unha vez que a Consellería de Industria aseguraba na reunión celebrada o pasado 11 de febreiro, que si lle requerira ese documento, despois de comunicarse a cancelación do leasing das centrais e o cambio de propiedade.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios