Domingo. 19.05.2019
El tiempo

Manolín, Camariñas, Cee, Laxe e Muros vólcanse cas Letras Galegas

Exposición sobre Antonio Fraguas na Biblioteca en Cee
Exposición sobre Antonio Fraguas na Biblioteca en Cee
Manolín, Camariñas, Cee, Laxe e Muros vólcanse cas Letras Galegas

Emotivo, emocionante, ese novo programa de Manolín Oliveira sobre as Letras Galegas. O poeta costeiro volve emitir nas radios irmandadas da Costa da Morte (radiONeria e Radio Roncudo), o seu programa Realidade e Soños, e fai este especial das Letras Galegas para os amantes da poesía do noso país.

Muros cas Letras

A “XIII Mostra de Teatro Xosé Agrelo”, concentra nesta semana das letras o maior número de actividades. Durante estes días os centros escolares están recibindo a visita do Grupo de Teatro do Centro Ocupacional de Valadres, e do CEIP Ramón Artaza. O venres 17, pola tarde (18:30) a compañía Ghazafelhos amenizará aos máis novos coa representación do espectáculo “Acuario”, baeado no libro da escritora ceense María Canosa. Pola noite, ás 21:30h o grupo local O que faltaba teatro escenificará para público adulto “A tía solteira”.
Xa o sábado, día 18, ás 18:30h, outro dos grupos locais, Grupo de Teatro O Xeito, escenificará “Contos e Cousas de Pepe”, despois de realizar a presentación do libro, do autor ao que está dedicada esta Mostra, Xosé Agrelo, “Cousas de pepe”.

Todas as actividades serán no auditorio do centro cultural de Muros, non sendo a representación de “Acuario”, que está previsto realizala no Curro da praza.

O broche á Mostra poñerao o sábado 25 de maio, ás 21:30 horas, o grupo local Aquelando Teatro, coa estrea da obra “Bailamos”.

Exposicións nas bibliotecas de Laxe e Ceeexpo anton fraguas laxe 2019 500

A partir deste 15 de maio, a Biblioteca Municipal de Laxe acolle a exposición de paneis informativos deste ano con motivo da homenaxe ao autor das Letras Galegas deste ano, Antonio Fraguas. Poderase visitar no horario de apertura da Biblioteca.

Fai o propio xa dende a pasada semana a Biblioteca Pública Municipal "Francisco Mayán", sita no 3º andar da Casa da Cultura de Cee, que acolle unha mostra sobre a figura, vida e obra de Antonio Fraguas Fraguas, escritor, profesor, xeógrafo, historiador, antropólogo e galego de ben á que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2019. Dez carteis informativos editados pola Secretaria Xeral de Política Lingüistica da Xunta de Galicia e libros do fondo bibliográfico da Biblioteca Pública do Concello de Cee, integran esta exposición na que se pretende amosar a vida e o legado cultural que deixou como escritor e intelectual comprometido coa nosa cultura e lingua galega Antonio Fraguas Fraguas.

Concurso das letras en Camariñas

O Concello de Camariñas organiza, un ano máis, o certame literario Concurso Letras Galegas. Este ano a entrega de premios aos mellores textos terá lugar o vindeiro venres, 17 de maio, día das Letras Galegas, ás 12:00 h na Praza do Concello. No concurso participaron os alumnos e alumnas de todos os colexios do municipio.

A Tropa do Doutor Milagre, de Inventi Teatro, serán os encargados de presentar a gala ao mesmo tempo que a amenizan cun espectáculo de música, improvisación, xogo e baile. O evento terá lugar na Praza do Concello, e en caso de choiva trasladarase á Casa de Pedra.

Concurso_letras_galegas Camarinas 219

Novas sobre as Letras Galegas

Comentarios