Maripepa de Rieiro, a nova centenaria de Santa Comba


Falamos a semana pasada das duras cifras do envellecemento crónico que padece a Costa da Morte. Pero ten a súa cara amable, e hoxe é Maripepa de Rieiro-Aranón a que nola pon. A veciña de Santa Comba, María Josefa Espasandín Caamaño, cumpría o pasado sábado 10 de maio, nada menos que 100 anos, pasando ao formar parte do clube de centenarias xalleiras.
Con ela, na súa casa de Rieiro (Arantón), onde sempre viviu, familiares e amigos, ademais do Alcalde Antonio Landeira e da Concelleira de Servizos Sociais María Josefa Pose, estiveron para celebrar a data, con ramo de flores e unha tarta. A centenaria agradeceu a todos a súa presencia, pois a pesar da súa avanzada idade, ten un carácter moi agradable, e goza dunha saúde excelente e de total lucidez.
Maripepa, como é coñecida na zona, nacida o 10/05/1914 estivo casada durante 66 anos e quedou viuva fai sete. Non tivo fillos, pero presenta como tal á súa bisobriña a cal criou dende nena e coa cal vive hoxe en día. Ela comenta que traballou moito durante a súa vida; algo na mina de Barilongo e case sempre na labranza, e que durante este siglo a vida cambiou moito, pero para mellor. E unha persoa moi faladora, con moita memoria e a que lle gusta moito xogar ás cartas cos amigos e familiares. Según a súa familia, sempre foi comprendendo e adaptándose aos cambios, polo que é moi fácil convivir con ela.
Estudios relacionados
- 2014: A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- Europa aprende a envellecer activamente en Ponteceso.
- A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Continúa a sangría poboacional en Fisterra.
- O 65% das 9.000 empresas da Costa son do sector Servizos.
- Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte.
- 815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte.
- Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
Máis novas
- Cando naceu o nome da Costa da Morte.
- A canto sae un ferrado na Costa da Morte?.
- O 95% dos adolescentes engánchanse á internet.
- O Prouxiarado: Fusión de concellos e comarcalización: A pescada que morde a cola.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).