Venres. 26.04.2024
El tiempo

Un milleiro de novos peregrinos atravesaron a comarca camiño de Santiago

PEJ en Cee-Foto-Rafa QUintans
Novos peregrinos do PEJ en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Un milleiro de novos peregrinos atravesaron a comarca camiño de Santiago

Ademais dos milleiros de peregrinos que fan o Camiño cada ano, comezou a notarse a influencia deste Ano Xubilar Xacobeo da Xunqueira esta fin de semana. De Cee a Muros, a invasión de novos peregrinos foi absoluta, sendo máis dun milleiro os que disfrutaron dunhas xornadas singulares na Costa da Morte.

Mércores e xoves foron dúas xornadas intensas pero moi emotivas para a Unidade Pastoral de Cee. En torno a 900 xóvenes de Córdoba e Valencia iniciaron a sua peregrinación a Santiago de Compostela para participar a vindiera semana na Peregrinación Europea de Jóvenes, que se organizaba por primeira vez dende 2010.

A Virxe da Xunqueira na PEJ de Cee-Foto-Rafa Quintans
A Virxe da Xunqueira na PEJ de Cee-Foto-Rafa Quintáns

Os actos foron ambolos dous días os mesmos, consistiu nunha Eucaristía na Praza 8 de Marzo a que se trasladou a Virxe da Xunqueira. Unha celebración con tintes africanos foi amenizada polo coro L'Immaculée provinte de Costa de Marfil e agasallouselle a cada mozo cunha tela africana para que cando cheguen o Obradoiro a axiten e recorden onde iniciaron a súa peregrinación. Tamén o Altar- palco estaba decorado cunha Cruz de 2 metros que estaba ornamentada coas mesmas coloridas telas.

Xa tras a cea os mozos regresaban á Praza para disfrutar dun concerto da coral e de Grilex, o rapeiro católico de moda que vai volver a estar con estes grupos e 20.000 xóvenes nun novo concerto en Santiago con motivo da PEJ.

PEJ en Cee con visita local-Foto-Rafa Quintans
Foto-Rafa Quintans

De Cee a Carnota e Muros

Eucaristia na praia de Carnota, diocesis de Cordoba-Foto-CarnotaACoruna copia
Eucaristia na praia de CarnotaFoto-CarnotaACoruna

Os días seguintes as 7:00h iniciaban estes grupos o seu camiñar dende a Parroquia da Xunqueira a Carnota. Na praia de Boca do Río celebraron unha simbólica eucaristía co solpor sobre a silueta de Fisterra como telón de fondo.

Xa en Muros as As delegacións de Pastoral Xuvenil das diócesis de Córdoba e Valencia uníronse á de Terrasa, emais ao o Movemento dos Focolares (Madrid) e a Asociación Mendialai (Bilbao) para facer a peregrinación a Santiago de Compostela facendo o Camiño da Ría de Muros-Noia no marco da PEJ22.

albergue pavillonn MUROS PEJ
O pavillón de Muros foi un albergue xigante

Eran un total de 1.270 rapaces e rapazas de entre 16 e 35 anos que, ademais de gozar dun Camiño diferente, no que o mar é o gran compañeiro de viaxe, tamén reciben unha cariñosa acollida por parte de institucións e particulares, dispostos a conseguir que a súa estancia entre nós sexa algo inesquecible.

Dende a ría de Nuros-Noia esperan que citas como estas supoñan un punto de inflexión para o seu Camiño.

PEJ no San Pedro de Muros
PEJ no San Pedro de Muros

Novas relacionadas

Comentarios