Muxía disfrutou coa fusión entre risas e notas
09:55 18/10/11
Impresionante estivo o “Concerto-monólogo” que ofreceu o grupo de Álvaro Muras co monologuista Víctor Grande en Muxía. Numerosos cativos, e non tanto, se achegaron ao Salón de Actos do Voluntariado muxián, para disfrutar deste espectáculo que mestura música con humor.
Risas e aplausos respondían ás bromas de Víctor e ás notas do grupo de jazz, facendo unha sesión moi novedosa e divertida.
Aquí vos deixamos co funkatro dos Álvaro Muras Grupo e coa "cosita" de Víctor Grande. Se os mesturan poderán albiscar como foi o espectáculo en Muxía. E así animamos ás salas da bisbarra a que se animen a achegalo á veciñanza da bisbarra.
Máis información
Novas relacionadas
- Manuel Gago liberou aos Viquingos de Bergantiños.
- VimianZoo, Distrito Friki.
- Corme colleu o Tren da Unha cara o aninovo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos de Viki Rivadulla.