Luns. 06.05.2024
El tiempo

Nova fin de semana de presentacións electorais

Carteis electorais 1 finde maio 2023
Nova fin de semana de presentacións electorais

Facemos a Axenda da fin de semana pero desta volta en clave electoral. Porque esta primeira fin de semana de maio vén cargada de presentacións de todas as cores políticas. Facemos un repaso

Venres 5 de maio

O venres 5 de maio, hai varias citas.

- PP DE CEE: O Partido Popular de Cee realizará a Presentación da Candidatura liderada por Jesús Picallo o venres 5 de Maio na Casa de Cultura de Cee ás 20:30h, coa presencia do Vicepresidente da Xunta de Galicia, Diego Calvo.

PP CEE copia

- BNG DE CARNOTA: A portavoz nacional, Ana Pontón, asiste á presentación de Ramón Noceda como candidato do BNG para as vindeiras eleccións municipais do 28M en Carnota, nun evento que se celebrará ás 19.00h no Salón de Actos do Concello carnotán.

BNG Carnota copia

- PSOE DE DUMBRÍA: Ás 20.30h, terá lugar naCasa da Cultura de Olveira o acto de presentación de Raúl González Lado como candidato á alcaldía de Dumbría. Presentaranse os 14 integrantes da lista electoral polo PSdeG PSOE para Dumbría, e intervirán a actual concelleira de Cultura do Concello de Dumbría, María Lema; o Secretario Xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández; o actual alcalde do Concello de Dumbría, José Manuel Pequeño; ademais do candidato.

PSOE DUMBRIA copia

- BNG DE CABANA ás 20h30 no local social de A Mata terá lugar a presentación do programa do BNG de Cabana, grupo liderado por Tatiana Rellán.

BNG CABANA copia

- APIN PONTECESO: A candidatura de Concello de Ponteceso de Apin Espazo Común, liderada por José Manuel Pose Verdes estrearase o venres día 5 de Maio ás 20:00 h no Bar O Cruce (Ponteceso).

APIN PONTE copia

Sábado 6 de maio

- SEMPRE CORCUBIÓN: Alfredo González presenta o sábado, ás 12:30 na Capela do Pilar, a súa nova lista de cara ás eleccións coa candidatura independiente.

Alfredo Gonzalez Smepre Corcubion 2023

- PSOE FISTERRA: o alcalde fisterrán José Marcote presenta a súa lista este sábado ás 20:00 no Salón de Plenos.

IMG-20230505-WA0019

 

- PSOE DE MALPICA: O PSOE de Malpica terá cita o sábado 6 de maio ás 19:00h no Centro Cívico de Malpica, onde se desenvolverá a presentación da lista liderada por un Walter Pardo, quen fose alcalde ata o pacto da vergonza entre o Partido Popular de Eduardo Parga e Alfredo Cañizo, que opta á reelección “coa mesma ilusión que en 2019 e cun equipo valente que busca o impulso da veciñanza para reverter a tendencia negativa do municipio”, afirma.

PSOE MALPICA copia

- BNG DE MUXÍA: O sábado ás 19:00h no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía Carlos Gonzaléz Concheiro presenta a súa candidatura arroupado por Ana Miranda, e os membros da lista Mercé Barrientos e Toñico Haz.

BNG MUXIA copia

Domingo 7 de maio

- PP DE MALPICA: Eduardo Parga presenta este domingo a súa candidatura para revalidar a alcaldía de Malpica polo PP. A cita será a partir das 18.00 horas no Centro Cívico de Malpica e contará coa presenza do presidente do PP provincial, Diego Calvo.

PP MALPICA copia

- BNG DE CEE: O domingo ás 19:30h, o Salón de actos do Concello de Cee acolle a presentación da lista do BNG ldierada de novo por Serxio Domínguez Louro. Estará Mini Rivas e intervirán Silvia Rodríguez Piñeiro e Monste Canosa.

 

BNG CEE copia

Comentarios