Venres. 26.04.2024
El tiempo

Nova promoción do Camiño a Fisterra e Muxía en Dinamarca

Deputacion da Coruna en Dinamarca
Nova promoción do Camiño a Fisterra e Muxía en Dinamarca

Nova viaxe de promoción turística da Deputación da Coruña a pasada semana en Dinamarca. O deputado provincial responsable da ruta xacobea, Antonio Leira Piñeiro, e o presidente da Asociación de Concellos co Camiño Inglés, Manuel Mirás, estiveron por terras danesas espallando o Camiño Inglés e a variante Fisterra e Muxía.

Na localidade de Ballerup, a directiva de Santiago Pilgrimme recibiu a representación da Coruña, e fixeron exposicións do traballo e as expectativas inmediatas tanto da Deputación, como da Asociación de Concellos, como da entidade danesa. Tamén achegaron ideas para perfilar as tarefas a traballar conxuntamente, e a expedición provincial deixou material informativo, e quedou cos contactos para calquera reunión diplomática co país nórdico.

Novas relacionadas

Comentarios