Unha nova soleada #AxendaCostadaMorte

Nova fin de semana cargada de cousas que facer na #AxendaCostadaMorte.
Parte de Meteogalicia
Boas novas tráennos hoxe dende Meteogalicia que nos asegura que teremos durante toda a fin de semana unha influencia anticiclónica que deixará os ceos despexados durante toda a fin de semana, cunha subida de temperaturas sobre todo para sábado e domingo.
Non haberá ningún aviso do mar durante a fin de semana, pero si teremos que ter en conta o vento do nordés, que zoará forte sobre todo durante a xornada do sábado
De cita en cita
A gran cita da fin de semana será a Ruta de Tapas Malpica sabe a mar, que encherá de sabor a vila oleira durante toda a fin de semana,
Un dos programas máis atrevidos da fin de semana será a Primavera en Danza de Carballo, que terá triple sesión con actuacións venres, sábado e domingo.
O sábado teremos tamén en Carballo a inauguración da exposición de pintura do artista local Josecho González no Estudo Garabato.
Non faltará a cita teatral de Muros coa Mostra Xosé Agrelo. Este sábado hai Muiñada, do Teatro Galeatro, ás 18:00 no Auditorio do Centro Cultural de Muros.
E tampouco falta a cita musiqueira, e o Celme Café acolle o concerto de Malpaso para a medianoite sabatina.
En clave de sendeirismo teremos o sábado a Andaina Coñece a Costa da Morte por Dumbría, que rematará na fercenza do Ézaro. E o domingo, Ruta con Senda Nova polas Terras Altas de Soneira.
Os que prefiran poderán axudar ás mariscadoras na limpeza voluntaria da zona da Basa, en Camariñas, durante a mañá do sábado.
O Faro Vilán manntese aberto e este mes de maio faino coa Exposición de pintura Aqua, de Noelia Ruibal.