O EFA-Fonteboa organiza unha xornadas sobre a pataca
08:08 15/09/17
O videiro martes e mércores, terán lugar unhas xornadas técnicas da pataca onde se abordará a sanidade e as técnicas de cultivo. A actividade celebrarase no EFA Fonteboa de Coristanco.
As xornadas comezan o martes, día 19, ás 10 horas cunha charla sobre a "Prevención sanitaria e pragas de corentena" impartida por Víctor Novo Vázquez, xefe de servizo Sanidade e Produción Vexetal da consellería de Medio Rural. A continuación, Servando Álvarez Pousa - director do centro de desenvolvemento agrogandeiro da deputación de Ourense - falará das "Variedades e das técnicas de cultivo da pataca". Tras un descanso, os asistentes visitarán unha explotación agraria de Coristanco.
Xa o mércores, as xornadas arrancan ás 10:3o horas cunha charla sobre o "Proceso de producción e comercialización IXP Pataca de Galicia" impartida por Juan Carlos García Pose - xerente de Patacas A Tulla - e José Antonio Chao Fernández - técnico da I.X.P. Pataca de Galicia -. Ás 13:30 horas expoñeranse as conclusións e, a continuación, pecharanse as xornadas.
Os interesados en participar poden anotarse no número de teléfono 981733 051 ou en [email protected].
Novas relacionadas
- O EFA-Fonteboa organiza un curso de horticultura
- O EFA-Fonteboa pecha o curso académico 2016-17
- O EFA-Fonteboa prepárase para un fin de curso cargado de actividades formativas
- O EFA Fonteboa viaxa a Francia para coñecer novos modelos de producción de leite
- O EFA Fonteboa presenta as súas actividades formativas para o trimestre
- O Efa-Fonteboa analiza as instalacións gandeiras
- O Efa-Fonteboa organiza unha xornada sobre as pradeiras
- EFA Fonteboa presenta o seu programa de actividades de formación continua
- Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país
- A Costa da Morte vive o sorriso e o ritmo de África.
- O Centro de Formación Rural Fonteboa, novo Bergantiñán do Ano.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
- A Xuventude do EFA Fonteboa, o Aval do rural.
- A agricultura ecolóxica instálase na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos prepárase para a Xornada láctea e a Poxa de Xovencas.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- EFA-Fonteboa