O Fonteboa recupera o tomate bergantiñán


Segue o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa formando na materia, e cunha clara ollada práctica. E na súa liña de, ademais de forzar, fomentar o uso do produto local, as seguintes xornadas técnicas, que terán lugar este vebres 30 de maio, rondarán arredor do Tomate en Bergantiños.
I é que aínda que pensemos que non, temos bo clima polo norte da bisbarra para a produción do tomate.
4 poñentes farán un testemuño completo sobre a produción, o coidado, e a venda, para pechar así o círculo completo. Comezará ás 10:00h Sabino Muíño falando do control biolóxico do cultiuvo do tomate en invernadoiro; María Canle Figueroa falará da diagnose e tratamentos das fisiopatías do tomate; Migueñ Ángel Carrera abonará o tomate e Daniel Cerqueiro, un dos pai de QPC, pechará a mañá repasando as claves para a venda online de produtos de horta.
Pola tarde toca sesión práctica, que as visitas son como mellor se aprende. E serán á explotación hortícola de Pablo Varela, en Monteagudo, e máis en Rañobre, á horta de Frutas Chelín, ambas en Arteixo.
Curso de transformación e valorización do leite
E sen parada, tamén están preparando o Curso de transformación e valorización do leite, aoq ue xa te podes inscribir no 981733051 ou [email protected].

Máis información
Novas relacionadas
- Unha ración de porco celta para completar a formación rural do Fonteboa.
- Os alumnos do EFA Fonteboa aprenden nas explotacións gandeiras.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
- O único centro de formación rural tamén ensina fóra da aula.
- Mazaricos aposta polo futuro no sector gandeiro en tempos de crise.
- Un grupo de austríacos coñecen a auténtica Costa da Morte.
- Turismo de granxa: Da importancia de diversificar a nosa economía.
- Un exemplo que combina turismo e produción gandeira dende Cataluña.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).