Luns. 14.10.2024
El tiempo

O GDR axudou a crear 80 empregos e consolidar máis de 200 dende 2009

O GDR axudou a crear 80 empregos e consolidar máis de 200 dende 2009
Numeros do GDR Costa da Morte 2007-2013

A Asociación Costa da Morte-GDR (que abarca os concellos de Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas), infórmanos de como foi o programa de axudas do Programa Leader 2007-2013, que abriu en decembro de 2009 e pechouse o 30 de marzo deste 2015. Un programa que remata este novembro de 2015 e que queda pendente da renovación.

Son cifras interesantes as que nos aporta o Grupo de Desenvolvento Rural. Aprobáronse en firme e están executados e certificados 95 expedientes cunha inversión que supera os 9.516.684 €. A subvención recibida por estes proxectos ascendeu a 4.134.925,68€. Consolidáronse 218 empregos e creáronse máis de 80.

Máis cifras

  • A achega privada acadou os 5.374.165,89€ (un 155,38% sobre o total da estratexia).
  • Os proxectos Non Produtivos recibiron axuda por importe de 558.843,32€ (un 16,15% s/estratexia) e os Produtivos o 83,85% do total da estratexia.
  • Destinouse a Gastos de Funcionamento o 15,55% s/estratexia (máximo permitido o 16%) e o 4% estipulado para Promoción Territorial.
  • O nivel de execución ao longo dos 6 anos foi o seguinte: 2010 (84,79%), 2011 (97,81%), 2012 (99,56%), 2013 (97%), 2014 (97,95%) e 2015 (100%), co que o nivel medio de execución foi do 96,51%.

Así mesmo, o GDR ten 10 proxectos aprobados en reserva pola Xunta Directiva do GDR, e que están executados, que supoñen unha inversión de 880.800€ e que poderían acadar unha axuda de 303.323€, sempre e cando se adxudicaran á Costa da Morte máis fondos procedentes de sobrantes doutros territorios. Con estes proxectos consolidaríanse 22 empregos e crearíanse outros 7 novos postos de traballo.

Resultados

CADRO DE RESULTADOS PROGRAMA LEADER 2007-2013 DA ASOCIACIÓN COSTA DA MORTE - GDR
Nº Proxectos
Inversión Prevista
Inversión Realizada
Subvención
Compromiso Emprego Emprego Real
Medida A Consolidar A Crear Consolidado Creado
411 17 2,233,541.01 € 2,436,912.82 € 862,429.13 € 72.4 4 72.4 19.97
412 2 106,103.25 € 106,103.25 € 61,163.52 € 0 0 0 0
413 Produtivos 43 5,455,558.12 € 5,634,230.38 € 2,037,399.11 € 145.52 28.75 145.52 60.13
413 Non Prod 14 652,451.44 € 655,591.00 € 497,679.80 € 0 0 0 0
Total Estratexia 76 8,447,653.82 € 8,832,837.45 € 3,458,671.56 €
G. Func + Promoción 19 683,847.23 € 683,847.23 € 676,254.12 €
Total 95 9,131,501.05 € 9,516,684.68 € 4,134,925.68 € 217.92 32.75 217.92 80.1
411. Dinamización do sector agrario e forestal
412. Mellora medioambiental e do contorno rural
413. Diversif da economía rural e mellora da calidadce de vida
 

Novas sobre o GDR Costa da Morte

Proxectos en marcha

Fonte

Comentarios