O GDR pecha o proceso participativo da estratexia 2014-2020 cunha reunión en Baio
08:13 15/06/16
Mesas Sectoriais do GDR Costa da Morte
O vindeiro venres, 17 de xuño, ás 18:30 horas, terá lugar no centro sociocultural de Baio o Foro Final do proceso de elaboración da estratexia local do Grupo de Desenvolvemento Rural - GDR - Costa da Morte. No encontro participarán representantes de concellos, das distintas entidades sociais e outros axentes sociais que participaron no proceso de elaboración da estratexia local. O acto está aberto a todas as persoas ou entidades que desexen participar.
Segundo indican dende o GDR, o principal obxectivo da reunión é o de validar o documento da EDLP, fixando os criterios que se establecerán en relación ás accións estratéxicas para o territorio no próximo período. No encontro expoñeranse os logros acadados no proceso, no que participaron diferentes persoas, entidades sociais econcellos do territorio.
Así, abordaranse os retos e prioridades xestionados a través do Plan de Acción, entre os que están a promoción de actividades que reforcen o valor dos recursos agrogandeiros e forestais, a atención ao fomento do benestar social da poboación, a valorización das actividades económicas que contribúen á mellora do medio rural e o fomento da cooperación do GDR con outras entidades. Ademais, falarase sobre a xestión da estratexia coa súa debidas pautas para o financiamento de proxectos e do plan financieiro.
Durante a reunión do vernes, tamén se ratificará o documento de estratexia, que será presentado á Agader. O documento terá que entregarse antes do día 2 de xullo.
Novas relacionadas
- A Costa da morte necesita transformación
- O novo GDR si abrangue toda a Costa da Morte
- Do GAC ao GALP pero mantendo a disección da Costa da Morte.
- viveametadedacostadamorte.com.
- O GDR axudou a crear 80 empregos e consolidar máis de 200 entre 2009-2015.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])