martes. 17.06.2025
El tiempo

O importe dunha sentenza a Ferroatlántica para a recuperación dun couto do Xallas

O importe dunha sentenza a Ferroatlántica para a recuperación dun couto do Xallas
Imaxe da zona do Xallas embaixo da central da Fervenza con moita escombreira A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a presidenta do Club de Pesca Deportiva Salmo, Margarita Fernández, veñen de asinar un convenio de colaboración para a recuperación dun tramo do Río Xallas. O investimento, setenta mil euros, é parte da indemnización que Ferroatlántica ingresou á Xunta de Galicia para cumprir unha condena polos danos ocasionados na zona do embalse da Fervenza en 2007. Con esta aportación a Xunta financiará actuacións e proxectos que traballen na reparación do equilibrio ecolóxico perturbado na conca do Xallas. Segundo a nota de prensa facilitada aos medios, as actuacións céntranse nunha serie de estudos a corto e medio prazo: avaliación das poboacións de peixes, análise de presións antrópicas, análise socioeconómico do acoutado nas tempadas anteriores, grao de ocupación do hábitat mediante radiomarcado, etc. Por outro lado, establécense unha serie de medidas complementarias como son o establecemento dun Plan de vixilancia no tramo de río afectado, a sinalización informativa e unha actuación sobre o entorno para favorecer o achegamento e coñecemento do río, que integrará sendas, pasarelas, puntos de acceso ao río ou a eliminación de barreiras á mobilidade. Tamén a elaboración e redacción do plan de xestión do acoutado e unha campaña de información do río Xallas así como de trípticos explicativos do plan.

Comentarios