domingo. 07.12.2025
El tiempo

O novo reto do Camiño dos Faros son 203 km en 48 horas

O novo reto do Camiño dos Faros son 203 km en 48 horas
A asociación Camiño do Faros está ultimando todos os detalles para a súa vindeira cita. Será o 25 de xullo baixo o nome "Ultratrail Camiño dos Faros Edición Piloto e Solidaria, 203 kms en 48 horas", ainda que é unha proba non competitiva. Neste caso, os traskis unirán polo Camiño dos Faros as localidades de Malpica de Bergantiños e Fisterra. Con este evento, a asociación pretende, por unha parte, colaborar coa Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas e, por outra banda, valorar a viabilidade de realizar un ultratrail competitivo no ano 2015. O Camiño dos Faros discorre o longo dos faros da Costa da Morte tendo sempre o mar de protagonista. A dirección é sempre a mesma: cara o mar e cara o oeste. Para obter mais información sobre o evento podedes consultar a páxina web da organización: www.caminodosfaros.com ou pórse en contacto cos organizadores en utcaminodosfaros@gmail.com

Comentarios