O número de inmigrantes descende máis do 77% nos últimos dez anos en Carballo
07:15 23/03/17
Carballo contaba a día 1 de xaneiro de 2017 con 31.310 habitantes
O concello de Carballo rexistrou un descenso do 77,5%€ das inmigracións nos últimos dez anos, xa que fronte ás 463 altas procedentes doutros países que se tramitaron no ano 2007, no 2016 foron só 104. O colectivo máis minguado é o uruguaio, que pasou de estar formado por 259 persoas no ano 2005 ás 57 actuais. Do mesmo xeito que son menos os estranxeiros que veñen, tamén son menos os carballeses que marchan, e que o ano pasado foron 73 (o pico máximo acadárase no 2008, con 120 emigracións). Estes datos - que chocan cos do conxunto da Costa da Morte - extraense do barómetro municipal - presentado onte polo alcalde, Evencio Ferrero - e que recolle dende o 2004 a actividade administrativa do concello de Carballo.
A 1 de xaneiro do 2017, Carballo contaba con 31.310 habitantes, case unha terceira parte de toda a Costa da Morte, tendo ademais cunha da poboacións máis novas de Galicia. Do total de habitantes, 15.302 son homes e 16.008 mulleres. Aínda que no cómputo global son máis as mulleres, nas idades máis novas, ata os 30 anos, os homes son maioría. A partir dos 31 a tendencia comeza a cambiar, e xa entre o colectivo de maiores de 91 anos arrasan as mulleres (228 fronte a 71 homes), o que significa que son moito máis lonxevas. Ainda así, estas cifras son moi diferentes ás de hai vinte anos.
Estructura familiar
O barómetro municipal de Carballo indica tamén como son as familias actuais, cada vez menos numerosas. De feito, en máis da metade das 11.891 vivendas ocupadas que hai no municipio residen unha ou dúas persoas, e no 92,5 % do total habitan catro ou menos persoas. No casco urbano hai 7.280 vivendas ocupadas, e o resto repártense entre as parroquias. Como curiosidade destacan as 24 vivendas con oito membros ou as cinco nas que residen nove persoas. O número de vivendas desocupadas sigue a ser moi alto, cun total de 8.811 en todo o municipio, algo máis da metade na vila.
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presentou onte os datos do barómetro municipal
O alcalde tamén fixo referencia a outros números que figuran no barómetro, como o número de documentos que circulan cada ano entre a cidadanía e a administración. No ano 2016 chegaron ao rexistro de entrada 16.306, e saíron 7.158. A maioría dos documentos recibidos foron facturas, un total de 4.073. Tamén aumentou de xeito considerable o uso da xanela da Xunta, que bateu o récord dos 12 anos que leva funcionando. Así mesmo, os 120 contratos asinados o ano pasado amosan “o traballo intenso que se fai en Contratación”, destacou Evencio Ferrero.
Estudos relacionados
- 2017: Emigrantes na propia provincia
- Febreiro 2017: A Costa da Morte perde uns 33.000 habitantes en vinte anos.
- O 70% da pobación da Costa da Morte concéntrase núcleos de entre 2000 e 5000 habitantes
- A poboación da Costa da Morte maior de 85 anos supera á infantil
- Aumenta o número de partos no hospital Virxe da Xunqueira
- 2016: As defuncións seguen superando os nacementos
- 2014: Sangría poboacional: Só Cee e Carballo teñen números positivos na última década
- 2014: A Costa da Morte perdeu máis de 5.000 persoas na última década e 840 no último ano.
- 2014: A lingua galega sobrevive na Costa da Morte.
- 2012: Cada comarca da Costa da Morte perde un centenar de persoas ao ano.
- 2011: A Costa da Morte terá en 10 anos 213 maiores de 65 anos por cada menor de 20.
- Continúa a sangría poboacional en Fisterra.
Máis novas
- O 65% das 9.000 empresas da Costa son do sector Servizos.
- Manuel Lema, o nome e o apelido máis frecuente na Costa da Morte.
- 815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte.
- Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo