O PSdeG recorrerá por vía contencioso-administrativa o pleno da moción de censura de Coristanco
Abraham Gerpe, segundo pola dereita, cando foi presentado en 2015 como novo candidato do PSOE en Coristanco
Trala petición ao Estado de En Marea para que interfira no caso da moción de censura de Coristanco, e a retirada da xunta de goberno dos edís de TeGa, é o PSdG o que move ficha para intentar dar marcha atrás a un episodio que puxo a vila bergantiñá no epicentro da actualidade política galega.
A Agrupación Provincial do PSdeG-PSOE, que expulsara do partido a Abraham Gerpe apenas uns días antes da moción, considera que “debería terse aplicado a Lei antitransfuguismo” anulando o seu voto ao pasar ao grupo dos non adscritos. Foi un escrito presentado por Gerpe no que denuncia a ilegalidade da súa expulsión o que permitíu, coa axuda do voto de calidade dun edil do PP na mesa de idade, a que permitiu sacar adiante a moción.
A dirección provincial sostén que “a vontade de expulsar a Abraham Gerpe como representante do Grupo Socialista no Concello de Coristanco foi clara e inequívoca e comunicouse en tempo e forma ao Concello de Coristanco, polo que conta con todas as garantías legais”. Ademais, “consideran que existiron outros defectos legais na celebración do pleno que poden pór en cuestión a súa validez e que serán argumentados no recurso”.
Ante esta situación, os socialistas reclamaron no rexistro municipal o expediente administrativo completo da sesión plenaria e os seus servizos xurídicos traballan na redacción do recurso que tratará de impugnar a moción de censura.
Asemade, os socialistas insisten en “criticar a hipocresía política do Partido Popular, cuxos órganos de dirección desautorizaron tamén públicamente a moción pero non fixeron nada para expulsar aos seus edís antes da celebración do pleno e evitar unha situación como a que se dá agora en Coristanco”.
Artigos relacionados
A historia da moción de censura de Coristanco
- 31-08-17: Os concelleiros de TeGa Coristanco renuncian aos seus cargos de goberno.
- 30-08-17: En Marea presenta un escrito instando ao Goberno estatal a actual contra a “ilegal” moción de censura de Coristanco.
- 28-08-17: En Marea pide a actuación do Estado para anular a moción de censura de Coristanco.
- 25-08-17: O PP abrirá expediente disciplinarios aos concelleiros que fixeron posible a moción en Coristanco.
- 25-08-17: Abraham Gerpe, novo alcalde de Coristanco ao sacar adiante a moción de censura.
- 24-08-17: O PP rompe o seu silencio dando por pechada a moción de censura en Coristanco.
- 23-08-17: O PSdG expulsa a Abraham Gerpe e fai case imposible a moción de censura en Coristanco.
- 22-08-17: TeGa arremete contra PP e PSOE no marco da moción de Coristanco.
- 11-08-17: O PSdG Provincial dá marcha atrás á moción de censura de Coristanco.
- 08-08-17: PSOE e PP presentan unha moción de censura en Coristanco.
Máis novas da política municipal de Coristanco
- Agosto 2017: O Concello de Coristanco saneou en 2 anos os 3 millóns de euros de débeda municipal do anterior goberno do PP.
- Xullo 2017: O BNG de Coristanco lamenta “un goberno sen proxecto nin iniciativas” tras un pleno de 15 minutos.
- Xuño 2017: En Marea fai balance dos dous do goberno “caciquil” en Coristanco.
- 22-06-17: O suposto suborno do PP a unha edil de TeGa tensa máis a corda da política coristanquesa.
- 22-06-17: Lavandeira califica de traizón a marcha de Verónica Facal de TEGA.
- 21-06-17: Verónica Facal deixa só ao alcalde á fronte de TeGa de Coristanco
- Febreiro 2017: O BNG sae do goberno de Coristanco e deixa só ao alcalde.
- Febreiro 2017: Os veciños volven quedar sen palabra no pleno de Coristanco.
- Novembro 2016: O PSOE de Coristanco apoia unha moción da revisión do IBI presentada polo PP.
- Xuño 2016: O BNG de Coristanco critica a falsa xenerosidade do edil do PSdG
- Xuño 2016: O edil do PSOE de Coristanco renuncia á súa dedicación.
- Xuño 2015: PSOE e BNG apoiarán a investidura a Amancio Lavandeira como novo alcalde de Coristanco.
- Abril 2015: Gerpe, o alcaldable máis novo do PSdG en toda a provincia.
Máis novas
- Maio 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
- Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
- Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
- Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).