Venres. 29.03.2024
El tiempo

O PSdG solicita un acceso directo ao polígono de Vimianzo na prolongación da autovía da Costa da Morte

O PSdG solicita un acceso directo ao polígono de Vimianzo na prolongación da autovía da Costa da Morte
Loli-Toja-Parlamento Loli-Toja-Parlamento O Parlamento de Galicia aprobou onte unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a darlle continuidade á autovía da Costa da Morte, comezando por unha primeira fase que conecte Baio e a estrada AC-432 en Vimianzo, en dirección a Camariñas. A proposta recolle que este mesmo ano se avance na redacción do proxecto construtivo e se dispoñan as anualidades necesarias nos orzamentos para que esta infraestrutura sexa unha realidade nesta lexislatura. Así mesmo, e logo dunha transacción de Loli Toja polo grupo Socialista, incorporouse á proposición non de lei que a Xunta analice a viabilidade de incorporar un enlace co polígono industrial de Vimianzo. "Cun trazado ata Vimianzo, sen acceso directo ao polígono industrial, os usuarios terían que saír na AC 432 entrando así no casco urbán vimiancés para acceder á zona industrial" explica Toja. A deputada socialista defendeu a súa enmedenda xa que se "está a falar de vertebrar a Costa da Morte polo que é necesario facilitar o acceso aos polígonos industriais". Ademais, desta os socialistas teñen rexistradas dúas peticións máis. A primeira, é reforzar as medidas de apoio en termos de financiación para a reindustrialización da Costa da Morte e, a segunda, solicitar ao estado de forma inmediata unha revisión dos prezos da parcela co obxecto de mellorar a competitividade do polígono industrial de Vimianzo. Pola súa banda, o BNG - tal e como o indicaron onte - enmedaron a proposición esixindo o remate da Autovía Costa da Morte ata Cee. O deputado do grupo popular - Aurelio Núñez Centeno- afirmou que o Goberno da Xunta “ten comprometida a continuación desta autovía, e vaise executar por vía orzamentaria e en distintas fases”. Neste sentido, explicou que “esta decisión de acometer a obra pola vía orzamentaria, e non recorrer ao modelo concesional, é a garantía máxima da realidade da súa construción, evitando os problemas ocorridos no pasado, que retrasaron dabondo o primeiro treito”.  

Novas relacionadas

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios