Mércores. 30.11.2022
El tiempo

O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense

O xuízo do Prestige desvela o catastrófico balance forense
Imaxe das consecuencias do Prestige - Foto- Felipe García

Xa temos falado das duras cifras do Prestige con Lorena Martínez Canosa. Hoxe imos un pouco máis alá, e analizamos, da man de Adega, a declaración no xuízo do Prestige os peritos biólogos propostos por Nunca Máis para testemuñar sobre os impactos ecolóxicos da marea negra.

As cifras marean máis que o propio cheiro a fuel: Resultaron afectados 1 Parque Nacional, 1 Parque Natural, 20 LICS e 6 ZEPAS. Estímase que morreron 300.000 aves, 841 tartarugas, 84 cetáceos, 28 lobos marños e 46 lontras.

Con estes datos, cualifícaron o Prestige coma unha das piores mareas negras a nivel mundial. Algo co que non estaba dacordo o propio ex Director da Marina Mercante López.Sors segundo a súa declaración no Xuízo.

Os bióologos aseguran que en comparación coa profusión de datos e estudos nos casos do Exxon Valdez ou Erika, no Prestige castráronse e desmanteláronse moitas equipas de investigación, existindo unha falta de apoio interesado para investigar sobre a marea negra por parte das administracións. Aínda así, poden aseverar que hai evidencia de graves secuelas nas cadeas tróficas e nas poboacións dalgunhas especies en perigo de extinción.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios