Os Papaventos 13N tamén queren surcar o ceo muxián


Xa os vimos surcar o ceo do Rostro, pero a estrana falta de vento impediu que lucise como a Martín Monjo pensara. Deste xeito, e coa espina cravada por non poder disfrutar dun espectáculo total, o armadanzas do Proxecto de acción Papaventos 13N na Costa da Morte, propón repetir a fazaña, desta volta nunha praia de Muxía, probablemente en Nemiña ou na de Lourido.
Monjo propón que unha marea negra de papaventos tomen o 1250 metros de areal (ou 500 no caso da de Lourido), para relembrar á marea de voluntarios que cambiaron de cor as nosas costas trala catástrofe do Prestige, facendo un paralelismo con aquela cadea humana que uníu todo o litoral. Esta "escultura viva, móbil e de carácter efémero, na que os protagonistas son 45 persoas voando papaventos xunto co vento e o mar que opoñen resistencia ao seu control".
A cita xa está prantexada para o sábado 6 de abril, ás 12:00h nun destes dous areais. Cómpre ir confirmando asistencia antes do 28 de febreiro en papaventos13n@gmail.com.

Máis información
Novas relacionadas
- Os Papaventos negros surcaron o Rostro e lembraron á Marea Branca.
- Lira centra a homenaxe á Marea Branca.
- Muxía reabriu as feridas do Prestige.
- Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte.
Outras novas
- Casón: 25 anos da histeria colectiva provocada.
- Seguemento especial Xuízo Prestige: O ex Director da Marina Mercante só respostou ás preguntas da súa defensa aludindo “trato inadecuado”.
- Verdades de José Luís Louzán: Cheiro a fuel.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).