Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os encoros da Costa superan o 92% de ocupación

Os encoros da Costa superan o 92% de ocupación
Xente comarea na fervenza do Ezaro nocturna Mentras continúa a alerta laranxa na Costa da Morte por "fenómenos costeiros" e parece que a situación habitual sexa sempre en alerta (variando a cor), polo menos hai quen lle pode poñer ao mal tempo boa cara. E é que tanto o Encoro da Fervenza coma o Encoro de Santa Uxía, ambos de uso hidroeléctrico/industrial, están moito máis cheos do habitual. O Encoro da Fervenza estaba nun 92,74% de ocupación despois da fin de semana, e o Encoro de Santa Uxía rondaba o 93,14%. Así podemos ver estes días fotos da fervenza do Ézaro con moito máis caudal do que é habitual, facéndoa máis espectacular se cabe. Durante a pasada fin de semana, o río Xallas tivo unha grande flutuación de caudal acadando á altura de Santa Comba, na noite do venres ao sábado, os 160 m3/s mentres que na do domingo baixou ata os 64 m3/s. Para o medio día de hoxe espérase o aumento máximo de caudal dos próximos días, pero non acadará as cifras da pasada fin de semana.

Novas relacionadas

  • A cascada do Ézaro reafírmase como un dos meirandes atractivos turísticos da Costa da Morte
  • A liberalización da fervenza do Xallas. Unha historia de denuncias.
  • Fonte

  • Nota de prensa Consellería de Medio Ambiente.
  • Comentarios