Pepe Formoso e Julio Castro lideran a nova directiva de APCTM

Hai 15 días que a Asemblea da APTCM (Asociación Profesional do Turismo da Costa da Morte) decidía un cambio na directiva. Dende 2012 levaba a directiva comandada por Pablo Canosa e Silvia Bouzas pelexando contra vento e marea, poñendo a bisbarra no mapa, e conseguindo, sobre todo, a creación do CMAT, ente que rexe o Xeodestino tras conseguir inserir aos Concellos. “Estamos máis que satisfeitos co traballo feito, pois ademais de conseguir o obxectivo principal que foi a creación do ente xestor do Xeodestino, fixemos moitas máis cousas. Pero isto ten que ser cíclico, ten que vir xente nova, con ideas novas, e esta é unha directiva moi potente polo que só nos queda apoialos”, sinala Canosa.
O grupo de empresarios que dan este paso adiante (e que presentarán, a todo o sector empresarial e aos medios o seu proxecto o vindeiro luns 18 de xullo ás 10:30h no Parador) están comandados por dous pesos pesados do sector, Pepe Formoso (do grupo Bela de Fisterra e Muxía) como presidente e Julio Castro (Director do Parador de Lourido) como vicepresidente.
Ao seu carón terán tamén xentes de varios sectores como son Damián Álvarez (o modelo internacional vimiancés creador da empresa Gubem Event), que fará de Secretario; Guillermo Iglesias (Asteria Beach de Caión) que será o Tesoureiro; e os vogais Belén Lema (Restaurante Casa do Peixe e Restaurante Son do Mar de Muxía), Marcos Seoane (Asador Río Sil de Carballo) e José Ramón Pombo (Autocares J Pombo de Cabana).
Unha directiva que ademais ten moita diversidade xeográfica.
Novas relacionadas
- Xullo 22: A recuperación do Camiño permite ter unha previsión do 80-90% no sector turístico costeiro.
- Xullo 22: A CMAT xa ten informe para posicionarse como ‘Destino Starlight’.
- Outubro 21: Empresarios e administracións afianzan alianzas arredor da CMAT.
- 2020: O sector turístico ponse en proceso de “clusterización”.