Pola inclusión real no eido socioeducativo


Cóntanos hoxe dende a Federación de ANPAS da Costa da Morte Fedanpas, que “na Costa da Morte estamos dando os primeiros pasos para a constitución da comisión NEAE na Costa da Morte, co obxectivo de colaborar na necesaria e verdadeira inclusión do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nos centros de ensino”. Un asunto tremendamente relevante na zona, onde son moitas os centros con alumnos con necesidades especiais, que están quedando coxos por mor dos recortes, como ese 4º da ESO do CEIP de Laxe sen mestre.
Así, a Comisión de Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) pretende ser un grupo de traballo integrado por familias das ANPAs da Costa da Morte, por familias integradas na recentemente constituída asociación de NEAE Aloumiños e, tamén, por integrantes dos Equipos de Orientación dos centros de ensino da Costa da Morte que colaborarán no asesoramento.
Neste primeiros pasos, para facelas partícipes desta iniciativa, as Anpas están contactando con todas as familias a través das diversas asociacións de nais e pais e cos equipos de orientación dos centros de ensino. Profesionais destes equipos, que xa recibiron a carta, responderon positivamente a esta iniciativa.
Por quen estará formada?
Esta comisión estará formada por familias con alumnado que presenta algún tipo de necesidade de atención específica (integradas na asociación Aloumiños da Costa da Morte), familias das asociacións de nais e pais de alumnos da Federación de ANPAs da Costa da Morte - que tanto poden contar con experiencias ou son descoñecedores desa realidade diaria - e por profesionais (traballador@s no ámbito do ensino público) da orientación educativa, PT, AL, coidador@s que están a vivir o día a día da realidade das persoas con diversidade funcional e que queiran participar axudando a coñecer e comprender a realidade educativa específica.
Novas sobre a loita contra a LOMCE
- Os recortes nas escolas xa están na rúa.
- 07-11-14: A ANPA A Granxa retoma o Pedibús pero tamén as mobilizacións-protesta.
- A comunidade educativa non queda calada ante os continuos recortes.
- Abrazando o ensino público contra a LOMCE.
- A Xunta responde con máis recortes ás denuncias públicas do IES Pedra da Aguia.
- 29-10-14: O IES Pedra da Aguia denuncia un novo recorte no horario dunha mestra a metade de curso.
- A ANPA A Granxa xa colleita sinaturas contra os recortes.
- As ANPAS dos Muíños e CEIP Bergantiños alzan a voz de novo contra os recortes.
- As familias aprenden a educar ca Fedanpa.
- A Fedanpa empeza o curso #LOMCE en clave de loita.
- Os recortes no CPI Xosé Pichel indignan aos pais de Coristanco.
- O grupo de 4º de Primaria que non tiña titor.
- O IES Pedra da Aguia critica o recorte de mestres no comezo do primeiro curso LOMCE.
- Parches en 16 centros educativos da bisbarra.
- A Xunta anuncia que manterá aberta a Escola de Carnés.
- A ANPA do CEIP de Malpica esixe unha solución aos problemas de persoal.
- Os pais e nais de Carballo piden o mantemento da novena unidade de Educación Infantil do CEIP Fogar.
- As ANPAS inciden na volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto.
- As Anpas Galegas conclúen en Vimianzo que hai que seguir mobilizándose polo ensino público e de calidade.
- A Costa da Morte móllase polo ensino público.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Fedanpa.