mércores. 11.12.2024
El tiempo

O PP rexeita rescatar a AG55 despois de anunciar o rescate das autoestradas do Salnés, a Barbanza, Santiago-Brión e Celanova

Peaxe da Autoestrada A Coruna-Carballo
Peaxe da Autoestrada A Coruña-Carballo
O PP rexeita rescatar a AG55 despois de anunciar o rescate das autoestradas do Salnés, a Barbanza, Santiago-Brión e Celanova

Anunciaba esta semana a Xunta de Galicia o comezo dos trámites para o rescate das autovías en réxime de "peaxe na sombra": a do Salnés (AG-41), o Barbanza (AG-11), Santiago-Brión (AG-56) e Celanova (AG-31).

Sorprende que a Xunta non anunciase o rescate das autovías AG-55 A Coruña-Carballo e a AG-57 Vigo-Val Miñor, algo que para o BNG non deixa de ser unha "discriminación" máis para coa veciñanza da nosa comarca.

O grupo levaba onte unha moción ao Parlamento para engaduir a Ag-55 e AG-31 na mesma tramitación, criticando que o PP votase a favor a nivel municipal pero en contra a nivel autonómico. 


“Queda claro que a prioridade do PP é rescatar as construtoras que teñen ás concesionarias, que se chaman Copasa, Puentes, Dragados, Extraco. E tamén, por certo, rescatan a Abanca, que é o banco co que vostedes gobernan en coalición na Xunta”, afirmou o voceiro do BNG.

Máis novas

 

Comentarios