Venres. 29.03.2024
El tiempo

Volven levar a posible gratuidade temporal da peaxe da AG-55 ao Parlamento

Peaxe da Autoestrada A Coruna-Carballo
Peaxe da Autoestrada A Coruna-Carballo
Volven levar a posible gratuidade temporal da peaxe da AG-55 ao Parlamento

O BNG vén de presentar, por enésima vez, no Parlamento de Galiza unha proposición non de lei na que insta á Xunta a establecer a gratuidade das dúas autovías galegas de peaxe, a AG-57 e a AG-55, de maneira temporal, en tanto persista o actual contexto de suba de prezos. O grupo recorda a “discriminación histórica que veñen sufrindo os habitantes e as empresas da área de Bergantiños vese agravada polas consecuencias do incremento dos prezos dos carburantes, que afectan tanto ao sector do transporte coma ás persoas particulares, e que, sumadas ás elevadas peaxes que xa teñen que soportar, constitúen unha pesada carga que é preciso aliviar”.

Por iso, dende o BNG consideran que "as medidas non deben rematar aquí, e por iso tamén propoñemos que, unha vez se estabilicen os prezos, por parte da Xunta se apliquen descontos para todo tipo de vehículos de cando menos o 50% nas viaxes de volta".

Comentarios