Prazas abertas para o novo programa de axuda a emprendemento "Coworking Costa da Morte"

Estes pasados anos desenvolvéronse, ao amparo do programa Coworking EOI -IGAPE, proxectos tan interesants como a tenda Arroutada en Muxia, o obradoiro oleiro de Fran Gorín, a nova liña da Casa Trillo ou a vangardista proposta gastronómica da Morada da Moa.
Este ano segue aberta a Convocatoria para a 5ª Edición do Coworking EOI · IGAPE Costa da Morte. Un programa que ten unha duración de 5 meses, e consta de un total de 100 horas de formación para cada emprendedor, organizadas en 40 horas de tutorías individualizadas, con mentores expertos que asignamos segundo o sector de actividade do proxecto; e talleres conxuntos (60 horas), orientados a adquirir coñecementos e desenvolver habilidades en distintos ámbitos (Lean Startup, Marketing Dixital, Financiamento, Comunicación, Xestión de RRHH, Técnicas de Ventas, etc.
O ano pasado o programa foi un completo fervedeoiro de emprendedores, que acabaron formando case que unha familia.
Podedes informarvos aquí ou enviar un correo a cwcabana@eoi.es.
NOVAS EMPRENDENDORAS
- Unha Arroutada de emprendemento na Milla de Ouro de Muxía.
- Fran Gorín: "Recoméndolle á xente moza que se anime a emprender e, se é na súa zona, moito mellor”.
- Toño González: "Quedarei na Costa da Morte, e estarei orgulloso de ser culpable de que se sinta máis viva que nunca”.
- Pilar Trillo: "Foi unha sorte coñecer a outros emprendedores na mesma situación e poñer en común os nosos proxectos”.
- O futuro empresarial da Costa da Morte citouse no peche do Coworking.
- Susana Suárez, Alicia Novás e Palmira Castro: Tres mulleres emprendedoras na Costa da Morte.
- Susana Salgado, unha empresaria muller no sector da Construción da Costa da Morte.
- Marta Doviro: "Fai falta incrementar a presenza de mulleres en departamentos coma o de Guión, Son, Iluminación e Dirección”.
- Lorena Pose: "Non é só unha cuestión de independencia dos poderes políticos e de veracidade na información, senón tamén de precariedade laboral”.