Os Premios PEL repartirán 75.000€ entre iniciativas empresariais emprendedoras
A Deputación da Coruña vén de anunciar a cuarta edición dos Premios PEL, enmarcados enmarcados dentro da liña PEL-EMPRENDE do Plan de Emprego Local. Serán 5 categorías entre as que se repartirán un total de 75.000 euros en premios destinados a pemes, microempresas, persoas profesionais autónomas, concellos e asociacións empresariais. A novidade deste á ano é a creación dun premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19.
O prazo para presentar as candidaturas estará aberto desde este xoves 12 de novembro, ata o 8 de xaneiro.
As categorías serán:
- Mellor iniciativa empresarial nova .
- Mellor iniciativa empresarial consolidada.
- Iniciativa innovadora na loita contra á COVID-19
- Concello promotor do emprego de calidade.
- Mellor asociación empresarial.
Requisitos para participar
Podes consultar as bases páxina web do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial. A participación será gratuíta e só poderá realizarse mediante o envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma Subtel.