Venres. 29.03.2024
El tiempo

Prestige, 14 anos sen imaxinación

Prestige, 14 anos sen imaxinación
Lira III-Foto dunha exposicion do Museo do Mar deVigo sobre o Prestige Lira III é unha das fotos dunha exposición do Museo do Mar deVigo sobre o Prestige

Poucas novidades neste 2016 sobre o Prestige. Onte, 13 de novembro, cúmprianse 14 anos dende que vimos por primeira vez o nome do Prestige nun petroleiro que estaba en perigo diante das nosas costas. Aquel día de 2002 non imaxinaríamos que ese suceso puidese rematar en semexante traxedia, e que o noso litoral quedaría completamente tinguido de negro. Como as nosas almas.

Non imaxinaríamos tampouco atopar en pleno 2016 enormes galletas de chapapote que aínda garda o noso fondo mariño.

Non imaxinaríamos que o xuízo do Prestige tardaría 11 anos e que non acadara un só culpable. Bueno, si, tres anos despois da primeira sentenza, xa en 2016, o vello capitán do buque era condenado a unha sentenza imposible de cumprir…

Non imaxinaríamos que o responsable político daquela desfeita fose en 2016 o presidente do Estado.

Non imaxinaríamos o devir daquelas promesas do Plan Galicia…

Non imaxinaríamos que a Autovía da Costa da Morte non se abríría ata 2016, esquecendo a metade do trazado.

Non imaxinaríamos que o prometido Parador non só non está rematado, se non que está paralizado invadindo ademais unha zona natural de valor incalculable.

Non imaxinaríamos que o legado de man quedase tan orfo, que se tardasen 12 anos en abrirlle un museo e 14 en crear un proxecto de rehabilitación da súa Casa.

Non imaxinaríamos que en 2016 seguisen pasando 40.000 barcos ao ano polo Corredor de Fisterra sen unha soa medida de prevención, e mesmo sen unha base de salvamento eficiente na zona.

Non imaxinaríamos que nada se dixese sobre os negocios ca mafia rusa do fretador do Presige saídos do wikileaks.

Non imaxinaríamos que en pleno 2016 aínda se escoitaran voces locais pedindo outro Prestige…

 

Novas relacionadas

Comentarios