As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo describen a súa precaria situación
Tempos de pandemia e o primeiro enlace entre a sociedade e o sistema sanitario atópase nunha situación tremendamente precaria. As profesionais do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo así o describen.
Carta do Servizo de Atención Primaria de Vimianzo
Dende o Servicio de Atención Primaria de Vimianzo, que agrupa ós concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas, queremos facer unha reflexión sobre a situación sanitaria que estamos a vivir.
Somos responsables da Atención Primaria, tanto ordinaria como urxente, da poboación que vive ou transita por estes Concellos. A Atención Primaria é a primeira peza de contacto co sistema sanitario, debera ser unha peza fundamental e ter recursos tanto humanos coma materiais suficientes, incluindo EPI, para desenvolver esta labor tan importante, non solo asistencial senón tamén de promoción e educación para saúde con garantías de calidade pero lamentablemente isto non está sucedendo porque non contamos con eses recursos necesarios que requiren inversión por parte das administracións públicas. Coberturas dificitarias estanse convertindo na norma a pesar das nosas protestas que non son atendidas.
Facémonos cargo dunha poboación envellecida e con gran dispersión xeográfica, nunha zona con menos recursos asistencias que nas cidades. Nos periodos vacacionais, a poboación que atendemos medra exponencialmente, debido aos turistas e emigrantes retornados que acuden a visitar ós seus familiares,mentres, que o mesmo tempo, vemos que van disminuido os recursos para poder atender, adecuadamente a estes pacientes.
A este déficit de recursos, vemos engadido o déficit de personal pola falta de cobertura dos permisos, sobrecargando, máis se cabe, a quen ten que enfrentarse con usuarios, que se sinten mal atendidos, polas longas esperas para ser valorados e pola inclusión da atención telefónica difícil de xestionar para pacientes e profesionais.
Neste momento de especial sobrecarga despois de vivir un confinamento e unha crise sanitaria sen precedentes na historia recente, sostemos desde hai meses un aumento crecente da demanda non solo polo impacto directo da infección por COVID 19 senón tamén polos seus efectos secundarios como a crise económica, o aillamento social e falta de movilidade da poboación maior, a cancelación e retraso de citas de especializada e a situación epidemiolóxica con aumento de tarefas asistenciais e administrativas, na que nos vemos inmersos: solicitude, valoración e notificación de probas, complexidade das consultas pola valoración telefónica e /ou presencial co uso das medidas necesarias para a nosa protección e a dos pacientes... Con todo isto, sentimos que a distribución dos recursos non está sendo a axeitada. A Primaria queda sen atender e isto que se suple coa enorme dedicación e traballo dos profesionais sanitarios (médica e enfermería) e de administración e servicios xa non se sostén máis. Os que imos enfermar, somos nós.
Queremos destacar a precaria situación da pediatría na comarca de Soneira, onde neste momento, só hai unha pediatra para toda a comarca, e si ésta falta, as nenas e nenos quedan sen atención especializada. Levamos anos vendo como en Pediatría os recursos que hai, quédanse nas cidades, deixando o rural sin estes profesionais, ou con profesionais, que ante a gran sobrecarga asistencial, deciden abandonar estes centros de saúde. Esta situación leva a una mala atención da poboación infantil, e a seguir sobrecargando aos profesionais da atención primaria.
A falta de previsión no recambio de profesionais sanitarios que non se corresponden coas necesidades do sistema, o trato cuestionable que se da tanto ao personal fixo como eventual, comunicación deficitaria que fai que nos enteremos pola prensa de parte das nosas novas tarefas e a falta de formación acorde ao posto nalgunhas coberturas, fai que as necesidades queden sen atender ou se atendan mal. Cando ás compañeiras que se lle ofrece un contrato nunha zona rural se lle está ofrecendo máis distancia dende os seus domicilios, máis horas de xornada laboral anual, poboación máis dispersa e envellecida e menos recursos, é lóxico que prefieran traballar en áreas máis urbanas que nás nosas. Os nosos xestores deberían facilitar o acceso dos profesionais ás áreas rurales.
Por todo isto, evidenciamos un deterioro non só nas nosas condicions laborais senón tamén na calidade da atención. Vémonos desbordados por non poder garantila co conseguinte impacto para a saúde dos nosos pacientes e da nosa , desde unha perspectiva física, mental, emocional e social. Queremos poder atender á poboación da nosa comunidade con garantías por isto creemos que debemos facer público o noso malestar polo gran deterioro da Atención Primaria. É cousa de todos reclamar o que é de xusticia.
- Fdo. Servizo de Atención Primaria de Vimianzo. A 11 de Setembro de 2020.
Novas relacionadas
- Alicia Barreiro: Reflexións dende un consultorio de Atención Primaria (I).