Sábado. 23.03.2019
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

Profesionais e familias únense nas concentracións dos mércores nos Centros de Saúde

Concentración de profesionais e familias as portas do Centro de Saúde de Muxía-Foto- Plácido Trillo
Concentración de profesionais e familias as portas do Centro de Saúde de Muxía-Foto- Plácido Trillo
Profesionais e familias únense nas concentracións dos mércores nos Centros de Saúde

Parece claro que a sanidade pública está na UCI. Cas ambulancias en folga e manifestación, as mobilizacións son continuas por parte de toda a comunidade. Os profesionais xa levan varios mércores facendo un paro ás portas dos Centros de Saúde, mentres, de xeito paralelo, as familias da Costa da Morte veñen denunciando os continuos recortes no servizo de pediatría.

Dúas partes que parten dunha mesma indignación, ante a eterna falta de recursos que sofre a sanidade pública. De aí que lugares como Muxía compartan loita. Este mércores as familias de Muxía, e tamén de Dumbría, afectadas polos recortes no servizo de pediatría uníronse á reivindicación dos nédicos e persoal do propio Centro de Saúde, para facer un altavoz máis grande para as esixencias de "Sí a unha Atención Primaria Digna" e "Coa saúde dos nenos non se xoga, Pediatra Xa".

Cómpre apuntar ademais que son dous problemas absolutamente solapados, pois a carencia de pediatras nuns lugares, provoca o colapso doutrous centros, e ademais pode chegar a obrigar aos médicos de cabeceira a atender ás criaturas, facendo aínda máis complicada a súa labor diaria, xa de por si saturada.

Unhas concentracións que se seguirán repetindo en vindeiras semanas, como acontece no Centro de Saúde de Carballo.

Concentracion as portas do Centro de SAUDE DE MUXIA

Concentración de familiares e profesionais no Centro de Saúde de Muxía-Foto- Plácido Trillo

Concentracion no Centro de Saude de Carballo

Concentración no Centro de Saúde de Carballo

Outras novas do sistema sanitario

Comentarios