O proxecto #ACostadasMulleres2020 busca historias

Esta pasada semana, a Asociación Costa da Morte GDR presentou na casa da cultura de Vimianzo o proxecto #acostadasmulleres2020. Un proxecto audiovisual que busca amosar as experiencias e vivencias de 9 mulleres da Costa da Morte, continuando o legado do ano pasado, cando coñecíamos a historia de 8 mulleres costeiras.
O GDR xa ten contratada á empresa audiovisual e estanse escollendo mulleres con historias singulares, que demoostran o importantísimo no desenvolvemento social, económico e cultural do lugar que habitamos.
Con esas 9 historias crearase un documental con todas estas historias en torno A Costa da Morte, para impulsar e sensibilizar a importancia da muller no rural.
Outra liña do proxecro centrarase na igualdade de xénero con actividades, material audiovisual e xornadas para impulsar esta iniciativa.
A Costa das Mulleres 2019
- Josefa Carrera, ex percebeira: “Toda a miña vida foi traballar coma unha negra”.
- Mª Teresa Ferreira, sobre a asociación Neira Marcos: "Marcoume moitísimo”.
- Dorinda Moledo, gandeira: “Ás empresas pequenas esíxennos moito”.
- Isabel Tomé, docente: “A xulgar por ex alumnos, creo que non o fixen mal”.
- Lucía e Liana Quintela, futbolistas carnotás: "Deberíamos xogar todos e todas”.
- Florentina Atán, ex taxista: "Non me aceptaban os compañeiros”.
- Carmen Riveiro, artesá zaense: "Eu son muller e se non gano, empato”.
- A Costa das Mulleres: A historia de Dolores Fernández.
- "A Costa das Mulleres" preséntase polo Día Internacional das Mulleres Rurais.