Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O PSOE coruñés elixe a Bernardo Fernández Piñeiro como novo Secretario Provincial

Bernardo Fernandez Pineiro novo Secretario Provincial do PSOE Coruna
O PSOE coruñés elixe a Bernardo Fernández Piñeiro como novo Secretario Provincial

Había expectación este domingo entre os socialistas da provincia da Coruña polas primarias que se vivían no seo da Agrupación Socialista da Coruña. Tocaba escoller o relevo para Valentín González Formoso como Secretario, unha vez que o ex alcalde de As Pontes deu o salto á Secretaría do partido a nivel galego.

A militancia escolleu como relevo a Bernardo Fernández Piñeiro. O actual alcalde de Pontedeume sumou o 1.902 votos (o 77%) nas primarias do partido, fronte aos 558 votos de Noa Díaz Varela, o 23%, segundo os resultados provisionais a última hora de onte.

“Quero dar as grazas a todos os compañeiros e compañeiras da provincia; hoxe comeza unha nova etapa de catro anos pero tendo en conta que quedan 16 meses para as próximas eleccións municipais, que son o principal obxectivo do partido”, manifestou.

Comentarios