Venres. 29.03.2024
El tiempo

QPC no mundo: Dende onde nos segues?

QPC no mundo: Dende onde nos segues?

Unha das cousas que nos contades a miúdo é que QPC é unha ferramenta moi valiosa para manterse informado do que acontece na Costa da Morte dende calquera parte do mundo.
Pois vimos de abrir unha pregunta a través do noso Facebook para coñecer dende onde ledes QPC habitualmente. Gustaríanos facer un IkiMap con todos os lugares ata onde chega o noso diario, polo que nos gustaría que nos contásedes dende onde vos conectades e pinchades o quepasanacosta.gal.

Aproveitamos para comentar que a familia QPC segue crecendo. A cantidade e a calidade das visitas continúa en aumento, e así o cerciora o feito de que cada luns máis de 3.500 persoas len o noso diario para manterse informado. Así o refrenda a nosa familia de Facebook, onde xa temos 3.060 siareiros.

O que xa sabemos

Polo que nos contan as estatísticas do Google Analytics sabemos, como non podía ser doutro xeito, máis da metade das visitas chegan da provincia da Coruña. Iso dá conta de que temos lectores na casa, pero tamén moitos veciños que viven emigrados polo mundo adiante. Iso si, as visitas dende Santiago, Vigo, Pontevedra e Lugo son tamén moi relevantes.

Dentro de España temos moitos visitantes de Madrid, pero tamen de Valencia, Málaga, Bilbao, Barcelona...
A nivel internacional podemos salientar que chegamos a máis de 60 países e 560 cidades só no último mes. Se ben moitas destas chegarían por casualidade, cómpre reseñar a especial incidencia en países como Reino Unido, en Suiza, en Portugal, en Liechtenstein ou en Arxentina. Tamén chegamos pero con algo menos de incidencia a outros países como Italia, Francia, Alemaña, Suecia, República Dominicana ou Brasil.

Envíanos a túa ubicación

Pero queremos saber máis. Bueno, queremos saber só dende onde nos segues. Asíque podedes enviarnos a vosa ubicación a través do Facebook de QPC ou ben cun comentario nesta mesma nova ou enviando un correo a [email protected].

Novas relacionadas

Vídeos de Galinus.tv

Fonte

Comentarios