#RECORTES NO #ENSINO
3 unidades e 8 postos docentes menos nos centros escolares da Costa da Morte
Os recortes en materia educativa continúan asolagando ao rural galego. E botarlle a culpa ao descenso da natalidade ou éxodo rural é simplemente esquecer que as políticas públicas están precisamente para evitalos. E ofrecer servizos públicos de calidade, no rural, debería ser responsabilidade obrigada dun goberno comprometido na loita contra o despoboamento do noso campo.
A pesar do berro seco das ANPAS Galegas ante o peches de varias Escolas Unitarias ao longo do país, a Xunta segue facendo oídos xordos e reducindo aos mínimos o servizo de educación pública.
A semana pasada a Xunta facía público o informe de docentes e unidades para o vindeiro curso. Un informe que completa o que fixemos o pasado mes de febreiro coa axuda da Estér Vázquez, e que continúa a mesma tendencia dos últimos anos: o recorte.
3 unidades e 8 postos docentes menos
Así, ademais do peche das dúas Escolas Infantís de Carnota, a Costa da Morte perde 3 unidades de primaria, 1 en Mazaricos e 2 en Vimianzo, dous concellos que xa estaban á cabeza dos máis castigados da comarca.
Co peche destas unidades, pérdense 8 postos docentes. Dos cales 5 son especialistas de Primaria; 1 de Lingua Inglesa, e 2 de Atención á Diversidade. Moi significativo que o peche de unidades nos centros conleve tamén eliminar estas especialidades, xa reducidas a mínimos nos últimos anos. Así, o CEIP de Baíñas queda sen PT e o de Pino do Val sen orientador…
Pola contra, en toda a comarca só se crea unha unidade, unha aula de infantil en Cee, que conleva 2 prazas docentes para esta etapa no CEIP Eugenio López.
Novas relacionadas
- Xullo 19: As ANPAS Galegas lanzan unha dura crítica contra o goberno galego tralo eterno o peche de escolas.
- Xullo 19 Cabana tamén sofre os recortes en educación: Desaparece o CRA Os Remuíños.
- Xuño 19: A Xunta confirma o peche de dúas novas Escolas Unitarias en Carnota.
- Maio 19: A fusión de concellos comeza polas escolas de Coristanco e Santa Comba.
- Febreiro 19: A Costa da Morte perdeu 69 unidades escolares e 102 postos docentes en 8 anos.