Repaso ao 2011 na Costa da Morte
Chegamos ao remate deste ano, e como non cómpre facer balance do acontecido na Costa da Morte durante este convulso 2011. Convulso por varios motivos, pero tamén alentador, cando menos para a familia QPC, que segue e segue crecendo como o demostraron o pasado mes os case un cento de colaboradores que tomaron a palabra. Pero xa falaremos do ano QPC, que antes temos que repasar os acontecimentos máis relevantes.
Comezaba o ano ben guerrilleiro e no que a actualidade sociopolítica nos puña na vangarda da información libre. A Operación Orquesta, que arrincaba o 31 de xaneiro cun longo, aínda inconcluso, proceso xudicial contra a corrupción nos Concellos de Cee, Fisterra, Mazaricos e Corcubión.
Estaremos atentos este 2012 ás novidades xudiciais dos 28 imputados entre alcaldes, concelleiros, funcionarios e empresarios.
Pero ademais de ser portada en todo o Estado por este caso de corrupción, a Costa da Morte tamén aparecía nos telexornais por algún motivo positivo, como a resurección da Fervenza do Xallas tras anos de loita pola defensa do noso patrimonio natural.
As Eleccións foron outros dos focos de interese deste ano. Sobre todo a nivel local, evidentemente, onde as eleccións municipais foron seguidas a través de QPC por milleiros de veciños.
Non centraron tanto interese na bisbarra as Eleccións Xerais, nas que a marea azul invadíu a Costa. Iso si, sorprende ver dous ikimaps tan diferentes en tan pouco espacio de tempo como o das municipais (con azul, vermello, celeste e mesmo verde) ao das xerais (monocromático).
Entrementres, o paro seguiu crecendo en todo o estado, e a emigración segue sendo unhas das lacras máis graves da nosa bisbarra. Por se fóra pouco non faltaron accidentes (novas ante as que non podemos evitar pinchar e botar un ollo), tanto na estrada, coma no mar e no traballo.
Pero tampouco faltaron as boas festas, como o cheo de cor Entroido fisterrán o con ese verán cheo de verbenas e patrimonio cultural e etnográfico. Ou historias tan fermosas como tráxicas, como a incrible historia de Pinio ou a solidariedade que amosou a cidadanía da bisbarra ante o berro de desesperación de Lidia e Jose.
O 2011 remata pero chega un 2012 do que prende un fío de esperanza e de cor, como promete a campaña Galicia en color. Como non, seguiremos en primeira liña.
Un gran ano para QPC
E queremos facer un repaso tamén ao ano de QPC, outro ano de constante crecemento chegando a un 30% máis de visitas e nun 50% de usuarios únicos que durante o 2010. Este ano foron uns 185.000 visitantes únicos os que pasaron por quepasanacosta.gal, completando unhas 665.000 visitas no último ano. Cifras que suman máis de 6 millóns e medio de páxinas visitas dende a nosa creación no 2007.
QPC segue a ser a referencia do Fútbol da Costa e este ano abrimos un novo servizo para os amantes das 4 rodas: QPC MOTOR. I é que será por servizos: Axenda Costa da Morte, Recunchos da Costa, Salvalcadelos ou Horarios de Autobuses dan conta do noso compromiso social coa bisbarra.
Coa bisbarra e cos nosos lectores, e de aí que nos sigamos empeñando en facer do xornalismo cidadán unha realidade neste recuncho do mundo. Por iso damos voz a todos os nosos colaboradores, que son os que realmente crean os contidos deste diario.
Miramos con bos ollos o 2012, que xa comeza dun xeito moi positivo espallando a nosa semente por todo o país a través da campaña Vitaminas para o galego, unha campaña que nos refrenda como referencia informativa da Costa da Morte para toda Galicia.
Sen máis, a familia de QPC e de Galinus, Taller de Novos Medios desexarvos que este 2012 sexa, cando menos, tan bo como este este 2011. Aí quedan pois os nosos desexos dunhas boas Licorkafestas!!
Novas QPC
- Os colaboradores de QPC tomaron a palabra.
- QPC e outros medios lanzan a campaña Vitaminas par o Galego: Convírtete nun mecenas dos medios en galego.
Novas de actualidade do 2011
- 29-09-11: Un novo alcalde imputando na Operación Orquesta.
- 31-01-11: Varios detidos, entre eles 3 alcaldes, na “Operación Orquesta” por corrupción urbanística.
- 14-04-11: Resucitou a Fervenza do Ézaro.
- 23-05-11: Valoracións sobre os Resultados das Eleccións Municipais2011.
- 21-11-11: Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
- 12-12-11: Un cuarto da poboación da Costa da Morte vive fóra.
- 10-10-11: A incrible historia de Pinio.
- 21-12-11: A Costa solidarízase con Lidia e Jose ante o seu berro desesperado.
- 20-02-11: “Un Entroido que vale un Imperio”.
- 30-11-11: Galicia en color, en marcha a homenaxe necesaria aos voluntarios do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).