domingo. 25.05.2025
El tiempo

Representantes do Galp Costa da Morte visitan a Bretaña francesa

Representantes do Galp Costa da Morte visitan a Bretaña francesa
galp-costa-da-morte-bretana-francesa Directivos e técnicos coñeron os proxecos do FLAG de Cornuaille e estableceron contactos Entre o 12 e o 16 de novembro, un grupo de once persoas que representan o GALP Costa da Morte e o GALP A Mariña Ortegal realizaron un "viaxe de estudo ao Flag de Cornuaille" na Bretaña francesa, concretamente á cidade de Quimper no departamento deo Finisterre. Alí coñeceron os proxectos financiados polo eixo 4 do FEP e intercambiar experiencias cos promotores do comité bretón que xestiona un programa similar ao dos grupos galegos. Dentro da comitiva da Costa da Morte, estaba o alcalde de Cabana de Bergantiños - José Muíño - e o presidente do grupo da Costa da Morte - Evaristo Lareo -; entre outros. Directivos e técnicos visitaron "Haliotika cidade de pesca" no porto de Le Gulvinec, acompañados da directora Anna Latimier e dos alcaldes do distrito, seguindo polo museo da pesca de Concarneua, a centenaria conserveira de pescados Courtin en Tregunc, o centro de formación de carpintería de ribeira "Les Ateliers de l'Efern", o porto museo e o peirado pesqueiro de Douarnenez. Durante a súa visita, os representantes dos GALP galegos e do FLAG Cornouaille mantiveron un encontro para a posta en marcha dos seus plans comúns e a presentación das estratexias e desafíos co sector pesqueiro. Acordaron estudar a posibilidade de seguir intercambiando experiencias e acometer algún proxecto xuntos. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • GALP Costa da Morte

Comentarios