Requisados máis de 1.200 quilos de peixe e marisco nas costas galegas
          
    18:56 14/12/15 
            
 Os gardacostas incautaron na zona do Ezaro uns 16 quilos de centola
Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de 1.270 quilos de peixe e marisco e 194 aparellos de pesca en diferentes operativos realizados polo litoral galego durante a semana pasada. Os inspectores da Xunta tamén se fixeron con 5.400 metros de artes de enmalle. Estes son os resultados dos controis que está levando a cabo a Consellería do Mar para vixiar a extracción ilegal de cara ás festas de Nadal.
Este operación levouse a cabo en distintos puntos da costa galega. Na zona da Costa da Morte, afectou especialmente á praia do Ézaro e Punta Castelo, en Dumbría, onde os inspectores requisaron 16 quilos de centola e 4 útiles de pesca.
Novas relacionadas
- 11-06-13: Novo ataque contra o furtivismo en Malpica, Corme, Laxe, Fisterra e Muros
 - 13-05-13: Máis de 180 kilos de marisco e peixe incautados en Lira e Corcubión
 - 06-02-13: 1000 quilos de peixe de Camariñas requisados en Vimianzo.
 
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
 - Consellería do Mar