Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Un restaurante, tres casas rurais e un cociñeiro da Costa da Morte, Premios Nacionais Plato de Ouro de Gastronomía

Mari Carmen Fontequeiroso recollendo o Plato de Oro a Casa Fontequeiroso
Mari Carmen Fontequeiroso recollendo o Plato de Oro a Casa Fontequeiroso
Un restaurante, tres casas rurais e un cociñeiro da Costa da Morte, Premios Nacionais Plato de Ouro de Gastronomía

Este pasado luns 17, Radio Turismo en colaboración coa Federación de Autónomos de Galicia, celebraba a súa Gala anual de Entrega de Premios de Gastronomía. Os “Platos de Oro” son ben recoñecidos a nivel estatal, mediante os que o medio quere recoñecer o bo traballo de Chamberlains e Comendadores de Galicia e de Asturias.

Ata o Hotel Os Abetos, en Santiago, tivéronse que desprazar varios representantes costeiros, a recibir o premio.

Plato de Oro para a Morada da Moa do Pindo

Entre os 15 Restaurantes seleccionamos, leva un Plato de Oro Premio Nacional de Gastronomía A Morada da Moa, establecimendo do Pindo, Carnota (nesta foto superior).

Tres premios especiais ás Pousadas con encanto recaen en integrantes da asociación de turismo Muxía Natural, como son Casa de Lema; Casa Fontequeiroso e Hotel Monasterio de Moraime.

A entidade quere poñer en valor o labor de destacados cociñeiros, e entre o 5 que recollen o Premio “Touch Blanche, Gorro Branco” de Galicia e Asturias, atopamos a Óscar Freire, cociñeiro do Restaurante La Marina de Camariñas.

Paco Canabal recollendo o Plato de Oro ao Hotel Mosteiro de Moraime
Paco Canabal recollendo o Plato de Oro ao Hotel Mosteiro de Moraime

Comentarios