Rosa Quintana desmárcase da Operación Forest e bota ás culpas ao Bipartito


“Non queremos desculpar, encubrir, simular, disimular, disfrazar, atenuar ou paliar esta suposta trama", sinalaba onte Rosa Quintana, pero lembrou que "as axudas obxecto de estudo por parte da Xustiza foron tramitadas e aprobadas en base a un manual de procedemento e control aprobado pola anterior Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, en xullo de 2008".
Quere desmarcarse así a Xunta da súa participación e responsabilidades na OperacióN Forrest, que conta xa con 15 imputados pero aínda non ten repercusión nas administracións.
A conselleira do Medio Rural e do Mar pediu no Parlamento que se deixe actuar á Xustiza “para comprobar se hai delitos, máxime cando nós –a Xunta– non podemos entrar a verificar datos e cuestións bancarias e outras semellantes por non ter as competencias sobre este tipo de aspectos”. Pero quixo deixar claro que "non estivemos de brazos caídos”, para engadir que a Consellería “está a realizar un control de calidade adicional, por persoal técnico alleo ao Distrito Forestal, sobre todos os expedientes executados, que previamente xa foron revisados”.
“A Xunta é a primeira interesada en que se aclare a suposta trama de irregularidades na tramitación de subvencións para a reforestación de terras non agrarias na Costa da Morte”, asegurou.
Novas da Operación Forest
- Hermanager Humor: Operación “Forrest”.
- 03-05-13: Os afectados da Operación Forest apuntan aos funcionarios.
- 29-04-13: O Concello de Corcubión non gaña para sustos.
- 26-04-12: A Operación Forest suma 8 detidos máis, entre eles 3 membros da Xunta.
- 25-04-13: Primeiras detencións no fraude forestal da “Operación Forest”.
- 12-04-13: A Xunta recoñece que o fraude forestal pode chegar a 1 millón de euros.
- 22-03-13: Os afectados polo fraude forestal e as Preferentes levan a loita ás portas da administración.
- 19-03-13: Un ano de fraude forestal en primeira persoa.
- 14-02-13: O fraude forestal do Caso Maceiras chega ao Parlamento.
- 20-09-12: Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta.
- 08-06-12: A FRUGA critica as excusas de bancos e da Xunta ante o fraude forestal.
- 06-06-12: A Costa da Morte maniféstase contra o fraude forestal.
- 03-03-12: 300 persoas de empresas, bancos e administracións envoltas nun fraude en Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).