Venres. 19.04.2024
El tiempo

Salvacadelos ten novo fogar

Salvacadelos ten novo fogar
nova Clínica Argos de Cee

Impresionante a labor que fan dende a Clínica Veterinaria Argos de Cee. A falta dunha canceira no sur da bisbarra, esta clínica fai un traballo encomiable recollendo animais orfos e conseguindo formar centos de familias. Coa súa axuda, abrimos dende QPC hai xa 4 anos, a iniciativa Salvacadelos, que leva creada unha marea de familias a través da rede.

Hoxe, estamos encantados de achegarnos ata Cee para ver o novo espazo que veñen de abrir no lugar de Bazarra, ao carón da estación de servizo. Unhas instalacións moito máis modernas, moito máis cómodas, moito máis luminosas, que fan que tanto os milleiros de amigos que pasan a curarse, como os centos que pasan por aí para atopar un novo fogar, estan máis cómodos.

Sen máis, felicitamos a todo o equipo da Clínica Veterinaria Argos, agradecémoslle todo o seu traballo desinteresado polo coidado de milleiros de canciños e gatiños abandonados a través da iniciativa Salvacadelos (non esquezan botar un ollo no Facebook de Salvacadelos que pode que haia un amigo esperándovos) e lles desexamos que cumplan moitos anos máis na nova Clínica.

Nova-Clinica-Argos-Equipo-1. Nova Clinica Argos-Xaulas Nova-Clinica-Argos-Fora Nova-Clinica-Argos-Atendendo-2 Nova-Clinica-Argos-OK Nova-Clinica-Veterinaria-Argos-Colgadores

Máis información de Salvacadelos

Se queren adoptar algún destes animais que necesitan un fogar, póñanse en contacto coa Clínica Veterinaria Argos de Cee:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios