San Xoán e moito máis para a primeira #AxendaCostadaMorte do verán
Chega unha das citas máis especiais do ano, e chega en clave de fin de semana ademais. O San Xoán prepáranos unha noite meiga en cada recuncho da comarca. Cada familia construirá a súa cachela, lumarea, lumarada, cacharela, larada, lumeira, fogueira… e todos zamparemos unhas boas sardiñas coas 7 herbas de San Xoán xa preparadas.
O San Xoán de Carballo trae o programa máis completo, pero son moitas máis as cousas que teremos para a fin de semana.
Como vén o tempo para San Xoán?
Fin de semana irregular na bisbarra. O venres será un día de influencia anticiclónica, con ceos despexados e temperaturas por riba dos 20º, se ben haberá algo de vento do nordés.
A cousa irá cambiando ao longo do sábado, e irán caendo algunhas chuvias sobre todo na noite do sábado ao domingo.
E si, o domingo vai chover, porque chega unha fronte, pero irán remitindo ao longo do día, e parece que quedará o ceo cuberto, e temperaturas agradables para a noite do San Xoán. Pois sio, bon debería chover na noite de San Xoán.
O San Xoán de Carballo
10 días de troula no San Xoán Carballés, comezando co pregón do venres da man de de Sonia Méndez este mesmo venres 21, e sen parada ata o domingo 30. Concretamente, esta finde teremosO sábado 22 haberá verbena cos Satélites pola noite, se ben pola mañá xa haberá pasarrúas de Falso Escuadro. E o domingo 23, a partir das 19:00h celebrarase o Concurso de Cachelas. A noite será máxica en cada esquina de todo Carballo.
Ao longo da semana continuará unha completa programación, co concerto de Mikel Erentxun xa a golpe de luns.
E dalle co San Xoán
- As Festas de San Xoán de Serres, Muros comezan na noite do venres pero non rematan o domingo.
- O San Xoán da Lumarea de Camariñas é outro dos máis potentes da comarca. O sábado haberá boa prefesta, e o domingo tarde e noite máxica ao carón da lumarea máis grande da volta.
- O San Xoán de Laxe celébrase no Campo do Escaravello.
- As Festas de San Pedro de Santa Comba non poden esperar e xa fan doble verbena o sábado e domingo, amenizada con cachela.
Venres 21 de xuño
- Noite do Solpor en Camariñas, noite máxica para recibir o verán dende o Monte Farelo.
- As Festas do Corpus de Brens traen á Panorama.
Sábado 22 e domingo 23
- Presentación en Cee do primeiro cómic da ilustradora local Laura Suárez.
- Corme acolle unha sardiñada popular o sábado para quecer motores para o San Xoán.
- As Festas de O Esto, Cabana, comezan o domingo e duran ata o martes 25.
- Aquelarre das meigas no Monte Neme polo solsticio de verán, durante a mañá dominical.
- Contacontos e conversasa mariñeiro-musiqueiras en Sardiñeiro para abrir o Fisterra Blues Experiencie e como previa do SanXoán para a tarde dominical