A Santísima Trinidade da Semana Santa e outras citas da #AxendaCostadaMorte
A Semana Santa é unha das épocas máis activas do ano na Costa da Morte. Ademais das celebracións litúrxicas e etnográficas, a comarca conta con varios puntos de interese cultural que permiten a veciñ@s e visitantes poder disfrutar ao máximo, tendo en contaque a previsión meteorolóxica é .
Comezamos o repaso da Axenda pola Santísima Trinidade da Semana Santa: a Semana Santa de Fisterra, a Mostra Víndemo Ver de Carnota, e a Mostra do Encaixe de Camariñas-
Semana Santa de Fisterra e Festas do Cristo
Unha das Semana Santa máis importante de Galicia é a de Fisterra. A celebración, que involucra, literalmente, a medio pobo, volve sacar os seus solemnes pasos ás rúas durante toda a semana, como podedes comprobar aquí nos horarios das procesións.
Pero a vila non lle perde o ton á festa, e compaxina as procesións cos bailes, nas potentes Festas do Cristo.
Mostra Víndemo Ver de Carnota
Unha das citas máis divertidas da Semana Santa é a Mostra Víndemo Ver, que mestura un mercado de proximidade, con varias probas deportivas, concertos, presentacións, exposicións… trasladando á vila a comezos do seculo XX. A pesca da sardiña será o fío condutor desta singular feira, que merece moi ben a pena, que ten citas como a da noite do sábado, cos concertos de balde de Xur e The Rapants, ou representacións históricas coo as de Ximiela.
Podedes ollar aquí o programa completo.
Mostra do Encaixe de Camariñas
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña desenvólvese no Pavillón Victor Vigo de mércores 27 a domingo 31 de marzo. Coma sempre, a gran protagonista será a moda, ese elemento que conseguiu nos últimos anos darlle un envorco a esta artesanía secular e convertila en verdadeira vargada do deseño de moda. As pasarelas e os desfiles máis rompedores maridan á perfección coas demostracións das palilleiras de toda a vida.
Podedes ver aquí o programa completo.
Faro Vilan
Reabre as súas portas por temporada o único faro aberto da Costa da Morte. Ademais do Centro de Interpretación de Naufraxios, Faros e Señalización Marítima da Costa da Morte, conta cunha exposición sobre o Camiño dos Faros.
O horario permanente ata o verán será de mércores a domingo de 10-14 e de 15-18, pechando luns e martes.
Obradoiros de barro en Malpica
O Concello de Malpica organiza Obradoiros de Barro gratuítos no Ecomuseo do Forno do Forte do 26 ao 29 de marzo. Os talleres están dirixidos a todas as idades e niveis, e non se require experiencia previa. Os talleres impartiranse en horario de 16:30 a 18:00 horas.
Visitas guiadas patrimonio de Vimianzo
Unha das opcións máis interesantes é achegarte a Vimianzo para ver as visitas guiadas e teatralizadas do Castelo de Vimianzo, os Batáns do Mosquetín, o Porto de Cereixo ou o Castro das Barreiras.
Podes ver aquí todos os horarios.
Torres do Allo de Zas
O Pazo máis antigo de Galicia ampliará os seus horarios abrindo de maneira continuada ata o 31 de marzo en horario de 11 a 20h. Todas aquelas persoas que desexen afondar un pouco máis na apaixonante historia das Torres terán a posibilidade de participar nunha das visitas guiadas diarias que se farán ás 13 e ás 17h e os máis cativos contan coa opción do Xogo de Pistas “A aventura do Allo”. Ademáis estarán dispoñibles dúas exposicións, “As Torres tal como eran” e “Terra de pazos”.
Semana Santa de Laxe, e programa cultural
En Laxe, maridan a vida relixiosa coa pagana. Aquí podedes ver os horarios das procesións, entre as que destacan o Santo Enterro e o Rosario da Boa Morte.
Pero ademais o programa cultural inclúe xornadas abertas no Museo do Mar de Laxe, con entrada de balde. Poderase facer no horario especial para estas datas, posto que desde o venres 22 ata o domingo 31 estará aberto de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. Todas aquelas persoas que non poidan asistir ese día terán unha nova oportunidade o vindeiro sábado, día 30. Nel, haberá proxectándose un vídeo sobre a Semana Santa realizado con fotografías do “Arquivo Fotográfico Vidal”.
Semana Santa de Muros
O xoves e o venres, as procesións muradás percorrerán as rúas, culminando coa ‘Vixilia Solemne’ do sábado 30. O fin da programación terá o vindeiro domingo 31 de marzo coa celebración da ‘Palomiña’
Semana Santa de Corme
Entre as vilas nas que podedes ver esa riqueza etnográfica que supoñen as procesións de Semana Santa na Costa da Morte, temos tamén a vila de Corme.
Festas de Trasufre
Para os festexeiros, o sábado hai festa en Trasufre, Muxía,