Senda Nova abre o prazo de inscrición para participar na Berrea 2016
08:10 29/09/16
A asociación ambiental Senda Nova acaba de abrir o prazo de inscrición para participar na Berrea 2016 que se desenvolverá entre os días 7 e 9 de outubro en Asturias co fin de gozar dun contorna salvaxe na época en celo dos cervos. O prezo da viaxe é de 65€ para os socios, 75€ para os non socios. Os menores de idade non socios deberá abonar 55€ mentras que os socios, 45€.
Esta é unha actividade que se leva organizando dende o ano 2006 tal e como quedou plasmada nas fotografías, recortes de prensa e outros materiais que compuxeron unha parte da exposición Abrindo Camiño que se expuso a semana pasada no mercado municipal de Carballo.
Debido ás características da actividade, as prazas son moi limitadas polo que os interesados en participar deben anotarse o antes posible no número de teléfono 696155232 ou no enderezo electrónico sendanova@hotmail.com.
Limpeza dos ríos
Por outra banda, Senda Nova participará este domingo no programa de limpeza simultánea dos ríos - organizada por ADEGA -. A actividade, que está aberta a todos os públicos, desenvolverase entre as 11 e as 13:30 horas no río Bergantiños ao seu paso polo parque do Anllóns. Os interesados e as interesadas en participar deberán chamar ao número de teléfono 696155232 antes do sábado, para poder xestionar ao voluntariado da actividade.
Novas relacionadas
- Carballo e Senda Nova, os únicos costeiros que se mollan polos ríos
- A natureza e o asociacionismo danse da man nas xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Xan Fernández Carrera inaugura as xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Senda Nova, 10 anos Abrindo o Camiño da ecoloxía e o patrimonio
- Unha expedición de mozos de Senda Nova, de viaxe ambiental a Eslovaquia.
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Redacción QPC (info@quepasancosta.com)
- Senda Nova